BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornada de Verán ASOBECA: "Interdisciplinares: Glorias e miserias da colaboración entre especialistas"

Xornada de Verán ASOBECA

Fundación Barrié

Sábado 02 de Xullo de 2016

12:00-17:30

Sede Vigo

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié celebrará a súa tradicional Xornada de Verán baixo o título Interdisciplinares: Glorias e miserias da colaboración entre especialistas, e que contará coa participación de relatores provenientes dos campos do urbanismo, a bioestatística, a neuropsicoloxía e as ciencias do mar: Enrique Seoane, doutor-arquitecto, profesor na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña; Xosé Luis Otero Cepeda, profesor de Biotestatística e membro do Interdiscipliary Centre of Biostatistics da Universidade de Santiago de Compostela; Begoña Alonso Búa, neuropsicóloga do Complexo Xerontolóxico La Milagrosa e investigadora na Universidade da Coruña; e Emilio Fernández, director do Campus do Mar da Universidade de Vigo.


PROGRAMA
12:00- 14:00 horas. Mesa redonda Interdisciplinares: Glorias e miserias da colaboración entre especialistas. Antes de rematar o encontro haberá unha quenda para preguntas e comentarios.
15:30-17:30 horas. Dinámica de grupo: Remexidos. Reunidos en catro mesas temáticas (Saúde e calidade de vida, Industrias culturais, Territorio, Educación e formación) os bolseiros desenvolverán, coa axuda de consultores, produtos ou servizos a partir da colaboración entre especialistas de distintas disciplinas.
17:30 horas. Clase-exhibición de ‘lindy hop’ a cargo da escola de baile MayeuSwing de Vigo, aproveitando a celebración en Vigo dun festival de swing esa mesma fin de semana.
 
Breve perfil biográfico dos participantes:


Enrique Seoane
Doutor-Arquitecto e profesor de Urbanismo na Universidade da Coruña, en cuxa Escola Técnica Superior de Arquitectura impartiu docencia desde 1996. Membro do grupo de investigación “Galicia, cidade e territorio” desde 2011. É arquitecto municipal no Concello de Santiago de Compostela.

Xosé Luis Otero Cepeda
Profesor de Bioestatística na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desde 1977. Membro do Interdisciplinary Centre of Biostatistics na mesma universidade. Colaborou como asesor do Servizo de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia desde 1992. No terreo científico foi membro colaborador en diferentes grupos de investigación da Facultade de Medicina e Odolontoloxía da USC

Begoña Alonso Búa
Premio Extraordinario de Licenciatura e Doutora en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Psicoloxía Clínica e Máster en Neuropsicoloxía Infantil e do Desenvolvemento. Realizou rotacións en diversos dispositivos multiprofesionais da rede de Saúde Mental de Andalucía. Traballou tamén como Coordinadora da Área de Neuropsicoloxía nun centro de rehabilitación neurolóxica dirixindo un equipo de psicólogos e psicopedagogos, así como organizando reunións interdisciplinares. Posteriormente entrou a formar parte do equipo de investigación en xerontoloxía da Universidade da Coruña e do equipo terapéutico do Centro Residencial La Milagrosa.

Emilio Fernández
Director do Campus de Excelencia Internacional “Campus do Mar” na Universidade de Vigo. Iniciu a súa actividade investigadora na Universidade de Oviedo, onde se doutorou en Bioloxía obtendo o premio extraordinario. Realizou traballos post-doutorais no Plymouth Marine Laboratory do Reino Unido e no Rosenstiel School of Marine and Atmospheric Sciences de EEUU. Incorpórase ao Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e posteriormente accede a unha praza de Profesor Titular de Ecoloxía na Universidade de Vigo. Desde 2011 é Catedrático de Ecoloxía en dita universidade.
 
A Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié

A Asociación de Bolseiros, creada en 1996, conta con case un milleiro de integrantes, todos beneficiarios dos programas de bolsas para investigación, estudos universitarios ou ampliación de estudos universitarios en España ou no estranxeiro. A Asociación, que forma parte do Ryder Club, desenvolve actividades encamiñadas a facilitar aos seus asociados o contacto con institucións profesionais e académicas de ámbito galego, nacional e internacional e sempre a manter e alimentar o vínculo coa Fundación. Neste sentido, é unha rede de talento compartido, que canaliza as actividades daqueles bolseiros que queiran pór ao servizo de Galicia e, en particular, da Fundación, os seus coñecementos e experiencia, para que a formación adquirida durante o transcurso dos seus estudos e investigacións reverta no avance da sociedade galega.
A educación é un dos piares fundamentais da Fundación desde a súa creación en 1966 e continúa hoxe apostando polo talento e a excelencia a prol da formación e preparación dos profesionais que Galicia necesita, o cal se materializou na concesión, a día de hoxe, de máis de 15.000 bolsas.



ETIQUETADO EN: BECARIOS BARRIE  ,  JORNADAS  ,  ASOBECA

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •