BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Este concurso lévase a cabo no marco do Programa KTORCE-18

16-06-2017

  • Antía Vega Montes, co bosquexo “Abre os Ollos” foi a gañadora deste concurso. O segundo premio correspondeu ao traballo “Te quiero”, realizado por  Marta Gil Silva. Ambas estudan 1º de Bacharelato no Colexio Amor de Deus, de Vigo.
  • O concurso ten como obxectivo fundamental implicar á adolescencia galega na loita contra calquera tipo de violencia de xénero.
  • 24 traballos das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo presentáronse a este concurso dirixido a alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional Básica dos centros educativos de Galicia.
  • Sax, Crawler e Mutante Creativo, como especialistas en graffiti, a pintora Pilar Alonso e Marina Marroquí (Presidenta da Asociación Ilicitana contra a violencia de xénero) foron varios dos profesionais que colaboraron como xurado neste concurso.
  • O concurso enmárcase dentro do programa preventivo KTORCE-18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado). 

A Coruña, 16 de xuño de 2017.- A Fundación Barrié e a Asociación Arela deron a coñecer as gañadoras do concurso de graffiti  2017: a violencia de xénero entre adolescentes.
 
Antía Vega Monte, co bosquexo “Abre os Ollos” foi a gañadora deste concurso: “o meu deseño ten como obxectivo principal transmitir a idea de que a violencia de xénero non comprende unicamente o maltrato físico, senón que tamén se manifesta en certas actitudes e comportamentos non agresivos aínda que igualmente perigosos como o control sobre a vida social e privada da parella”. 
 
O segundo premio correspondeu ao bosquexo “Te quiero”, realizado por Marta Gil Silva, quen explica que “en el día de un adolescente algo tan pequeño como un mensaje de texto puede significar mucho (…) Es común ignorar, menospreciar y dejar pasar sin importancia cuestiones aparentemente inofensivas como gestos o actitudes violentas puntuales. Los celos no se corresponden con amor y un interrogatorio para saber cada movimiento que haces no es preocuparse por ti. Son esos detalles los que nos tiene que alertar porque es ese momento cuando se puede detener”.
 
Ambas as dúas estudan 1º de Bacharelato no Colegio Amor de Deus, de Vigo.
 
Este concurso, pretende que os participantes reflexionen e creen mensaxes claras de freo á violencia de xénero, co obxectivo fundamental de implicar á adolescencia galega na loita contra calquera tipo de violencia de xénero.
 
24 traballos das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo presentáronse a este concurso dirixido a  alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional Básica dos centros educativos de Galicia.
 
Todos os traballos presentados están publicados na web da Fundación Barrié:
 
http://www.fundacionbarrie.org/concurso-grafiti-ktorce18
 
No mes de setembro as dúas gañadoras pintarán os seus graffitis en muros destinados a este fin situados en Vigo e Pontevedra.
 
XURADO
 
Este proxecto da Fundación Barrié e a Asociación Arela contou coa colaboración desinteresada, como membros do xurado, de:
 
o   Asociación Arela
o   Fundación Barrié
o   Concello de Vigo
o   Concello de Pontevedra
o   Pilar Alonso (pintora, Vigo)
o   Sax (grafiteira  Vigo)
o   Crawler (grafiteiro, Pontevedra )
o   Mutante Creativo (grafiteiros,  Ordes)
o   Marina Marroquí (Presidenta da Asociación Icilitana contra a violencia de xénero)

PROGRAMA KTORCE 18
 
Este concurso enmárcase dentro de KTORCE-18,  unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado).
 
Esta intervención preventiva de condutas infractoras lévase a cabo, fundamentalmente, a través de diferentes charlas para escolares, así como para pais e nais e a comunidade educativa, achegando a Lei 5/2000 reguladora da responsabilidade penitenciaria dos menores ao público obxecto dela. Esta intervención ten chegado a máis de 25.000 participantes desde os seus comezos no ano 2012.

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes