Inicio / Sala de prensa / KTORCE-18: "Obradoiros 2017-18" - IES Brión

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Este obradoiro lévase a cabo no marco do Programa KTORCE-18, co obxectivo de achegar a Lei do Menor aos adolescentes

09-10-2017

  • KTORCE-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais, alumnos e profesores) e que chegou a máis de 20.000 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.
  • As charlas diríxense a alumnado de entre 2º e 4º de ESO, e teñen un claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis comúns nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais e o maltrato familiar, así como en todos aqueles temas e situacións que viven de preto os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade en que poden incorrer.
  • O primeiro obradoiro deste curso celebrarase o luns 9 de outubro no IES de Brión (A Coruña) ás 10.25 h.
  • A inscrición para este curso está aberta, polo que os centros educativos interesados están a tempo de solicitaren un obradoiro.
  • O programa Ktorce-18 compleméntase con materiais didácticos gratuítos que están dispoñibles, para a súa descarga, aquí.

Momento dun dos obradoiros Ktorce-18
© Fundación Barrié

A Coruña, 6 de outubro 2017.- KTORCE-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais, alumnado e profesores) e que chegou a máis de 20.000 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.
 
Esta intervención preventiva de condutas infractoras lévase a cabo, fundamentalmente, a través de diferentes charlas dirixidas a alumnado de entre 2º e 4º de ESO, que teñen un obxectivo preventivo das condutas infractoras máis comúns nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais e o maltrato familiar, así como en todos aqueles temas e situacións que viven de preto os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade en que poden incorrer.
 
O primeiro obradoiro deste curso celebrarase o luns 9 de outubro no IES de Brión (A Coruña), ás 10.25 h. 
 
 
SOLICITUDE DOS OBRADOIROS
 
Os centros educativos interesados nestes obradoiros poden solicitalos directamente a través das webs das entidades organizadoras:  www.fbarrie.org e https://www.arela.org, así como no teléfono 986 212 537.
 
MATERIAIS DIDÁCTICOS
 
O programa Ktorce-18 compleméntase con materiais didácticos gratuítos que están dispoñibles, para a súa descarga, en http://www.fundacionbarrie.org/material-profesionales-familias:
 
Esta documentación trata os temas a seguir:

  • Redes sociais
  • Acoso escolar
  • Maltrato familiar
  • Consentimento
Máis información en:
 
http://www.fundacionbarrie.org/Ktorce-18
https://www.arela.org/ktorce18-programa-de-prevencion-de-condutas-infractoras.html