Inicio / Sala de prensa / Medalla de Ouro á Real Institución Benéfica Social Padre Rubinos

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


09-02-2018

  • A Medalla de Ouro é a máxima distinción que a Fundación Barrié outorga a persoas e institucións para recoñecer o seu labor e impacto na sociedade. Entre os galardoados encóntranse empresas como La Voz de Galicia ou persoeiros como o Papa Juan Pablo II; as súas Maxestades, os Reis Eméritos Don Juan Carlos e Dona Sofía e S.M. o Rei Don Felipe VI cando era Príncipe de Asturias, entre outros.
  • Con esta distinción a Fundación Barrié quere recoñecer o importante e necesario labor de profunda pegada social que a Real Institución Benéfica Social Padre Rubinos leva desenvolvendo desde 1918.
  • Esta distinción consolida e amplía a Medalla de Prata que a Fundación Barrié concedeu, en 1983, a título póstumo, ao propio Padre Rubinos, por iniciativa de Carmela Arias y Díaz de Rábago que apoiou esta institución desde as súas orixes, tanto desde a Fundación cun investimento de máis de 1M€, como a título persoal.
  • O acto de entrega da Medalla de Ouro terá lugar o 2 de marzo ás 20 horas no auditorio da Fundación Barrié na Coruña. Contará coas intervencións de José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Barrié e Eduardo Aceña, Presidente da Real Institución Benéfica Social Padre Rubinos. A continuación terá lugar un concerto a cargo da Orquestra de Cámara de Galicia.

A Coruña, 9 de febreIro de 2018.- A Comisión Delegada da Fundación Barrié acordou por unanimidade conceder a súa máxima distinción, a Medalla de Ouro, á Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos nun acto de homenaxe co gallo do seu centenario.

Entre os galardoados que recibiron a Medalla de Ouro da Fundación Barrié destacan La Voz de Galicia e persoeiros como o Papa Juan Pablo II; as súas Maxestades, os Reis Eméritos Don Juan Carlos e Dona Sofía ou o Rei Don Felipe VI cando era Príncipe de Asturias, entre outros.

José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Barrié, considera que: “con esta distinción queremos recoñecer o importante e necesario labor, de profunda pegada social, que desenvolveu esa institución ao longo dos seus 100 anos de historia e que estivo caracterizada polo inequívoco obxectivo de servir aos intereses das persoas máis necesitadas e vulnerables da sociedade”.

Esta Medalla de Ouro complementa a Medalla de Prata que a Fundación Barrié concedeu ao propio Padre Rubinos en 1983, a título póstumo, por iniciativa da súa Presidenta, Carmela Arias y Díaz de Rábago, quen, desde os inicios e ata o seu pasamento en 2009, apoiou á institución cun compromiso persoal e económico, tanto desde a Fundación Barrié cuxo investimento supón máis de 1M€, como co seu propio patrimonio, amosando unha vez máis a súa ben coñecida empatía e solidariedade cos máis necesitados.

A día de hoxe a Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos converteuse nun referente do bo traballo e da solidariedade coas persoas vulnerables e coas que sofren os problemas de desarragamento ou riscos de exclusión, atendéndoos en varios centros como a Residencia Padre Rubinos, a Escola Infantil Carmen Cervigón e o Albergue.

O acto de entrega da Medalla de Ouro da Fundación Barrié terá lugar o próximo 2 de marzo na súa sede da Coruña e contará coas intervencións de José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Barrié, e Eduardo Aceña, Presidente da Real Institución Benéfica Social Padre Rubinos. O acto clausurarase cun concerto a cargo da Orquestra de Cámara de Galicia.