Inicio / Sala de prensa / Obradoiro Boas Prácticas

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Estas actividades desenvólvense no marco do Programa Máis Social Conecta

21-06-2017

  • O obradoiro de boas prácticas web terá lugar na sede da Fundación Barrié de Vigo o xoves 22 de xuño a partir das 9.45 horas.  
  • 28 entidades de acción social compartirán experiencias de boas prácticas web na comunicación web e posicionamento en internet desenvolvidas a través de Máis Social Conecta, da Fundación Barrié e a empresa Edisa.
  • No obradoiro falarase, desde o punto de vista do Terceiro Sector Social, da creación da marca de valor asociativa, medición de resultados e posicionamento web, vídeo participativo, planificación da comunicación, comunicación interna e externa, e como achegar os servizos das entidades sociais a través da linguaxe audiovisual, entre outros temas.
  • Máis Social CONECTA é unha solución web da Fundación Barrié creada en colaboración coa empresa EDISA no marco do Programa Máis Social que axuda a mellorar a visibilidade e as posibilidades de captación de fondos das entidades do Terceiro Sector. A día de hoxe realizáronse 27 webs corporativas de entidades sociais e 10 máis están no proceso de desenvolvemento. 

Participantes no obradoiro de Boas Prácticas do Programa Máis Social Conecta 2017, da Fundación Barrié e a empresa EDISA
© Fundación Barrié

A Coruña, 20 de xuño de 2017.- 28 entidades de acción social compartirán experiencias de boas prácticas web na comunicación web e posicionamento en internet desenvolvidas a través de Máis Social Conecta, da Fundación Barrié e a empresa Edisa.
  
Fundación Barrié – Vigo (Policarpo Sanz, 31)
22 de xuño 
9.45 horas
 
No obradoiro falarase, desde o punto de vista do Terceiro Sector Social, da creación de marca de valor asociativa, medición de resultados e posicionamento web, vídeo participativo, planificación da comunicación, comunicación interna e externa, e como achegar os servizos das entidades sociais a través da linguaxe audiovisual, entre outros temas.
 
As 28 entidades representan a diferentes colectivos como saúde mental, párkinson, dano cerebral adquirido, discapacidade (física / intelectual), enfermidades raras e/ou crónicas, exclusión/ inclusión social, menores e familia, desenvolvemento comunitario, trastornos por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) e trastornos do espectro autista.
 
 
MÁIS SOCIAL CONECTA 
 
Xorde no ano 2013, como iniciativa da Fundación Barrié, nun contexto no que moitas entidades do terceiro sector non teñen aínda páxina web ou, de tela, non achega a información que demandan os seus usuarios e colaboradores (socios, doantes, voluntarios…) ou non ofrece opcións para iniciar esa colaboración e mantela no tempo.
 
Máis Social CONECTA responde ás necesidades web do terceiro sector independentemente da tipoloxía, dimensión ou estrutura de cada entidade. As novas páxinas potencian a utilidade pública das entidades, melloran a súa imaxe e transparencia de cara á sociedade e achegan ferramentas para a captación de fondos e de base social. Implántase co apoio da empresa EDISA, a cal desenvolveu a aplicación, e dá soporte á entidade durante todo o proceso.
 
Grazas a esta iniciativa, a día de hoxe,  27 entidades sociais contan xa con unha web e 10 máis están no proceso de desenvolvemento. 
 
Máis información:
http://www.fundacionbarrie.org/buenas-practicas