Inicio / Sala de prensa / Obradoiro práctico de Comunicación

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Estas actividades diríxense a entidades do Terceiro Sector Social

07-09-2017

  • A Fundación Barrié organiza un Obradoiro de Comunicación, que se celebrará en Vigo o 26 de setembro e que ten como obxectivo proporcionar ás entidades sociais consellos prácticos e ferramentas que lles permitan facer máis efectivas as súas accións de comunicación.
  • Especialistas en comunicación no Terceiro Sector Social achegarán as súas experiencias e recomendacións sobre aspectos significativos do plan de comunicación (a nota de prensa, a importancia dunha boa base de datos), éxitos e fracasos en eventos en entidades sen ánimo de lucro, ou ferramentas útiles para a xestión da comunicación.
  • É unha actividade gratuíta previa inscrición ata o 19 de setembro a través da web da Fundación Barrié.

© Fundación Barrié

A Coruña, 7 de setembro de 2017.-  A partir de hoxe, as entidades galegas do Terceiro Sector Social poden inscribirse no Obradoiro de Comunicación que a Fundación Barrié organiza na súa sede de Vigo o próximo 26 de setembro.
 
OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN: CONSELLOS PARA O DÍA A DÍA 
 
Cun enfoque de carácter práctico, este obradoiro ten como obxectivo proporcionar ás entidades sociais consellos e ferramentas que lles permitan facer máis efectivas as súas accións de comunicación.
 
 
Data: 26 de setembro de 2017
Horario: 9.00 h. – 14.30 h.
Lugar: Vigo (Fundación Barrié, Policarpo Sanz 31)
Prazo de solicitude: ata o 19 de setembro
Inscricións só on-line a través de
http://formularios.fundacionbarrie.org/?id=17  
Nº de participantes: ata completar a capacidade do recinto.

 
No obradoiro participarán as siguientes especialistas en comunicación no Terceiro Sector Social:
 
Suzana Mihalic. Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa da Fundación Barrié
   Plan de comunicación. Dous aspectos significativos:
        - A nota de prensa
        - A importancia dunha boa base de datos de medios de comunicación
 
 María Tomé. Directora de Comunicación de FEDER – Federación Española de Enfermidades Raras
   Eventos en entidades sen ánimo de lucro: visión práctica de éxitos e fracasos
               
 Virginia Castrejana, Coordinadora de proxectos, Social Co., especialista en comunicación en temas sociais 
   A caixa de ferramentas para a xestión da comunicación                                                    
               
 
Máis información:
http://www.fundacionbarrie.org/comunicar-mejor