Inicio / Acción Social / Intervención / Programa Rede Paraugas Alzheimer / Obradoiros DIVULGAMENTE

Obradoiros DIVULGAMENTE

Obradoiros didácticos no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer

Proxecto de sensibilización interxeracional, impulsado pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia, que ten como obxectivo amosar dun xeito próximo e dinámico que son as demencias, como afectan o cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.
 
A quen se dirixe
Ao estudantado de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria de centros educativos galegos de Vigo, Chantada e Santiago de Compostela. 
 
Actividades incluídas en cada obradoiro 
 
1ª Charla divulgativa “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo doutor Carlos Spuch
Duración da charla: 2 horas aproximadamente

2ª Sensibilización na aula
 
As datas de realización da actividade acordaranse entre os centros educativos seleccionados e a Federación Alzheimer Galicia
 
3ª Visita a un centro de Alzheimer
 
As datas de realización da actividade e o centro que se vai visitar acordaranse entre os centros educativos seleccionados e a Federación Alzheimer Galicia.
 
Datas de solicitude: dende o 25 de setembro ata o 8 de outubro de 2019
Datas de actividade: outubro a diciembre 2019


A selección dos centros educativos participantes nos obradoiros realizarase por orde de inscrición ata completar aforos.


Formulario de Inscripción