Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico

Inicio / Patrimonio e Cultura / Exposicións / Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico

Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico

Do 13 novembro de 2014 ao 1 de marzo de 2015, sede Vigo

Enormes cantidades de plástico chegan aos nosos mares todos os días, e pouco a pouco se van transformando nunha sopa de plástico, con graves consecuencias para a nosa saúde. Cada ano, máis de 6,4 toneladas de residuos plásticos chegan aos océanos.

O proxecto www.PlasticGarbageProject.org denúnciao, e a exposición Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico móstrao ao público nunha exposición creada polo Museum für Gestaltung Zürich en asociación coa Drosos Foundation, que a Fundación Barrié trae a España por primeira vez e que se presenta en Vigo.

O núcleo da exposición é unha instalación de residuos de plástico aboiantes procedentes de distintos océanos, pero sobre todo de Hawai, que un gran contedor trasladou ao porto de Vigo desde o norte de Europa.

Estes obxectos permiten ao espectador rastrexar as orixes, o ciclo vital, o sentido e a insensatez dos produtos plásticos.

A sección da exposición que leva o nome de “Os plásticos no mar” presenta o fondo do problema e o seu impacto mortal sobre os mares, os animais e os seres humanos. A zona denominada “Os plásticos na vida cotiá” mostra os plásticos máis comúns, profundando en temas como os seus usos, os riscos que presentan para a saúde, os microplásticos, os ciclos dos materiais ou os bioplásticos. Ofrécense tamén unha serie de posibles solucións na forma da súa redución, reutilización e reciclaxe para animar a xente a pasar á acción.