Vogal Secretario

Sr. Don Carlos Lema Devesa

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario de Licenciatura e concesión do Premio Calvo Sotelo ao mellor expediente académico. Catedrático de Dereito Mercantil da Universidad Complutense de Madrid. Presidente de honra e membro fundador da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié. A súa tese de doutoramento, La publicidad de tono excluyente, foi galardoada co Premio Nacional Doctor Adolfo Muñoz Alonso. Actualmente exerce como avogado especializado en temas de dereito da propiedade industrial (patentes, marcas, deseños), dereito da competencia desleal, dereito da publicidade e dereito da contratación. É académico correspondente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación e da Real Academia de Farmacia de Galicia, e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega. É coautor do anteproxecto da Lei xeral de publicidade, así como doutros anteproxectos de lei da Comunidade Autónoma de Galicia. Foi distinguido coa Medalla de Prata da Fundación Barrié en recoñecemento do seu labor e impacto na sociedade.
 
É vogal secretario do Padroado da Fundación Barrié desde 2018 e foi vogal electivo de 2010 a 2018.