Inicio / Sala de prensa / Premios do Día Mundial do Traballo Social 2017

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


23-03-2017

  • Os Premios do Día Mundial do Traballo Social 2017, convocados polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, teñen como obxectivo recoñecer, premiar e divulgar traballos de investigación e boas prácticas relacionados coa disciplina do traballo social en Galicia.
  • Red Paraguas Alzheimer foi galardoado na categoría boas prácticas.
  • O acto de entrega terá lugar mañá venres, 24 de marzo en Santiago de Compostela.
  • Red Paraguas Alzheimer naceu en 2013 e ten como obxectivo apoiar as familias con enfermos de alzhéimer no rural galego con atención e apoio directo aos coidadores e unidades de memoria para os afectados, así como fomentar o asociacionismo baixo o amparo, experiencia e coordinación das entidades xa existentes.
 

A Coruña, 23 de marzo de 2017.- Red Paraguas Alzheimer, posto en marcha pola Federación Alzheimer Galicia e a Fundación Barrié, foi galardoado na modalidade de boas prácticas nos Premios do Día Mundial de Traballo Social 2017.
 
Estes Premios, convocados polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, teñen como obxectivo recoñecer, premiar e divulgar traballos de investigación e boas prácticas relacionadas coa disciplina do traballo social en Galicia.
 
O acto de entrega dos Premios terá lugar mañá venres, 24 de marzo, na sede de Afundación en Santiago de Compostela ás 18h. Ao devandito acto asistirán a directora de Acción Social da Fundación Barrié, Mª Isabel Pérez, e por parte da Federación Alzheimer Galicia (FAGAL), o seu presidente Juan Carlos Rodríguez Bernárdez e o traballador social da entidade Javier Hermida.
 
Red Paraguas Alzheimer naceu en 2013 e ten como obxectivo apoiar as familias con persoas con alzhéimer no rural galego con atención e apoio directo aos coidadores e unidades de memoria para os afectados, así como fomentar o asociacionismo baixo o amparo, experiencia e coordinación das entidades xa existentes. 
 
No marco de Red Paraguas Alzheimer desenvolvéronse as seguintes actividades:

1. Charla informativa: dende o punto de vista sanitario, social e psicolóxico, orientado aos síntomas que pode manifestar o afectado. Conseguiuse crear un grupo estable de familiares que puidesen participar en actividades posteriores (39 charlas, 1.053 asistentes)
2. Ciclo de formación: composto por catro charlas/obradoiros dende os que se abordaron as demencias dende diferentes ámbitos co obxectivo de dotar aos familiares de pautas de actuación nas diferentes etapas da enfermidade (10 ciclos, 200 participantes)
3. Unidades de memoria: orientadas a persoas cunha demencia. O formato das sesións dos obradoiros foi dinámico e atractivo para os asistentes, creando un espazo didáctico e distendido. As intervencións estiveron baseadas en técnicas de estimulación de eficacia probada: estimulación cognitiva, actividades da vida diaria, musicoterapia... Abriuse unha ficha por cada unha das persoas asistentes e mantivéronse reunións individuais periódicas con eles e/ou cos seus familiares (5 unidades, 62 participantes).
Ademais, entre o ano 2015 e 2016 abríronse 11 unidades rurais de atención social que atenderon a 276 familias e que se materializaron en 6 convenios de colaboración entre os Concellos desas comarcas e as asociacións de familiares de persoas con alzhéimer e outras demencias de dita área.  
 
O pasado mes de febreiro a Federación Alzheimer e a Fundación Barrié renovaron o seu convenio de colaboración co obxectivo de emprenderen unha terceira parte do Programa Red Paraguas Alzheimer, co que se pretende poñer en marcha novas unidades de respiro e de atención a familias coidadoras.
 
Máis información:
 
www.fagal.org