Inicio / Axenda / Acto de entrega Premio Illa Nova de Narrativa 2017

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Acto de entrega do Premio Illa Nova de Narrativa 2017

Sábado 06 de Maio de 2017

19:00

Sede Vigo

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié acolle na súa sede de Vigo o acto de entrega do Premio Illa Nova de Narrativa 2017 para autores e autoras menores de 35 anos, organizado pola Editorial Galaxia co obxectivo de estimular a creación literaria.
Fixéronse 60 anos desde que a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova. Era 1957 e pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Méndez Ferrín, Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns dos novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar "Nova Narrativa Galega".
Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está a comezar no terreo da creación literaria, naceu o Premio Illa Nova de Narrativa.





PRÓXIMOS EVENTOS