Inicio / Sala de prensa / Aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros Divulgamente

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2017

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A primeira actividade será a charla “Coñecer mellor o Alzheimer” impartida polo Doutor Carlos Spuch na Coruña (11 de outubro), Lugo (15 de outubro) e Ourense (16 de outubro).

10-10-2018

  • Proxecto de sensibilización interxeracional, impulsado pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia, que ten como obxectivo amosar dun xeito próximo e dinámico que son as demencias, como afectan ao cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.
  • Están dirixidos a estudantes de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria de centros educativos galegos das localidades da Coruña, Lugo e Ourense.
  • Na primeira actividade, a charla divulgativa “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo doutor Carlos Spuch, terá lugar na Coruña, Lugo e Ourense, o 11, 15 e 16 de outubro, respectivamente.
  • Con posterioridade a esta charla realizarase en cada centro educativo participante unha sesión de sensibilización cun profesional da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e unha visita dun grupo de alumnos e alumnas de cada centro educativo a un centro de Alzheimer.  
  • A inscrición online está aberta ata o venres 5 de outubro, inclusive.
  • A Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia impulsan este proxecto no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer.  

Carlos Spuch (na imaxe), quen impartirá a charla "Coñecer mellor o Alzheimer"
© Fundación Barrié

A Coruña,  10 de outubro de 2018.- A Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia abriron o prazo para que os centros educativos interesados se inscriban nos OBRADOIROS DIVULGAMENTE, un proxecto de sensibilización interxeracional, que ten como obxectivo amosar dun xeito próximo e dinámico que son as demencias, como afectan ao cerebro e as diferentes demencias existentes, achegando aos máis novos a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.
 
Os obradoiros están dirixidos a estudantes de Bacharelato e de FP da rama sociosanitaria de centros educativos galegos das localidades da Coruña, Lugo e Ourense.
 
 
Actividades incluídas en cada obradoiro 
 1ª Charla divulgativa “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo Doutor Carlos Spuch, especialista en demencias do sector sociosanitario, quen explicará, dun xeito próximo e dinámico, que son as demencias, que parte do cerebro se ve afectada, por que se producen, que tipos de demencias existen e cales son as diferenzas entre elas.
 
·         A Coruña, 11 de outubro de 2018, sede da Fundación Barrié (Cantón Grande, 9)
·         Lugo, 15 de outubro de 2018, Edificio Multiusos da Xunta de Galicia (Rolda da Muralla, nº 70)
·         Ourense, 16 de outubro de 2018, Centro Cultural “Marcos Valcárcel”  (Rúa do Progreso, nº 30)
 
Duración da charla: 2 horas aproximadamente.

2ª Sensibilización na aula
 As datas de realización da actividade acordaranse entre os centros educativos seleccionados e a Federación Alzheimer Galicia.
 
3ª Visita a un centro de Alzheimer 
 As datas de realización da actividade e o centro que se vai visitar acordaranse entre os centros educativos seleccionados e a Federación Alzheimer Galicia.
 
A inscrición online está aberta ata o venres 5 de outubro, inclusive, en http://www.fundacionbarrie.org/talleres-divulgamente
 
A selección dos centros educativos realizarase por orde de inscrición ata completar os aforos.
 
A Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia impulsan este proxecto no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer.  
 
CARLOS SPUCH
 
Carlos Spuch Malvar é Licenciado en Bioloxía e Doutor en Neurociencias pola Universidade de Vigo.  Tras a súa experiencia investigadora no Instituto Karolinska de Estocolmo, no Instituto Ramón y Cajal e no Hospital 12 de Outubro, regresa a Galicia para traballar no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Dentro das diferentes liñas de investigación, traballa no desenvolvemento de novos biomarcadores mediante o uso da nanotecnoloxía para o diagnóstico e prognóstico da Enfermidade de Alzheimer e da Esclerose Múltiple. Desde hai uns anos dedica un grande esforzo á divulgación á sociedade sobre as demencias, impartindo charlas nos congresos, xornadas, actividades na rúa, nos colexios e institutos e nas asociacións de enfermos.

PROGRAMA REDE PARAUGAS ALZHEIMER

O Programa Rede Paraugas Alzheimer, posto en marcha pola Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia, naceu no ano 2013, ten como obxectivo apoiar as familias con persoas con Alzhéimer no rural galego con atención e apoio directo aos coidadores e unidades de memoria para os afectados, así como fomentar no asociacionismo baixo o amparo, a experiencia e a coordinación das entidades xa existentes.
 
Durante o ano 2018 o programa desenvolve as seguintes accións:  
 
·         OBRADOIROS DIVULGAMENTE dirixidos a estudantes de Bacharelato e FP da rama sociosanitaria.
·         Proxecto de atención no rural galego, poñendo en marcha novas unidades de respiro para familias coidadoras de persoas cunha demencia
 
A Fundación Barrié enmarca este programa na actividade da súa área de Acción Social, que pon por diante as actividades orientadas a apoiar ás entidades sociais, e ás persoas e familias en situación de necesidade. Galicia e a súa realidade social encóntranse moi determinadas polas súas estruturas demográfica e de poboación. O avellentamento da poboación galega ou a dispersión dos núcleos de poboación condicionan enormemente a organización dos servizos de atención de calidade que cheguen a toda a poboación, e por tanto a estrutura familiar é básica no coidado dos familiares enfermos, levando consigo un esforzo que merece todo o apoio posible.
 
FAGAL nace en 1998 da man dunha serie de asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias que sentiron a necesidade de traballar conxuntamente e unir as súas voces cara á sociedade galega. Hoxe en día FAGAL está formada por trece asociacións que, con máis de 250 profesionais, prestan diferentes servizos para persoas con calquera tipo de demencia e os seus familiares: centros de atención a enfermos, grupos de axuda, formación, etc. FAGAL está composta por: AFABER (Bergantiños); AFACHANTADA (Chantada); AFACO (A Coruña); AFAGA (Vigo); AFAL Ferrolterra (Ferrol); AFALU (Lugo); AFAMO (O Morrazo);  AFAMON (Monforte de Lemos); AFAOR (Ourense); AFAPO (Pontevedra); AFASAL (O Salnés); AFA Viveiro (Viveiro); AGADEA (Santiago).