BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


19-07-2018

Grazas a un convenio de colaboración entre a Fundación Barrié, a Fundación Catedral e Televisión de Galicia preséntase agora un documental sobre a restauración do Pórtico da Gloria e o seu contorno, inaugurada o pasado 2 de xullo.
 
A Televisión de Galicia acompañou de maneira intensiva durante 4 meses o proceso de restauración do Pórtico da Gloria. Este traballo transformarase en catro documentais dunha hora de duración e prevese que vexan a luz a finais de 2018.
Para captar coa maior precisión posible a esencia da obra a CRTVG utilizadou por primeira vez as súas novas cámaras de alta definición nun programa que é de produción propia.

Os 4 meses de traballo deron pé a innumerables horas de rodaxe e máis de 40 entrevistas que se irán desvelando nos diferentes documentais dedicados á historia do Pórtico da Gloria; á ambiciosa intervención precedida por un exhaustivo estudo que puxo en evidencia a dramática deterioración e a urxencia de actuación sobre o monumento, destacando detalles como a limpeza das figuras ou a preservación da policromía que aínda se conservan;  e finalmente á explicación da iconografía e a propia figura histórica do Mestre Mateo.
O vindeiro día 25 de xullo, o día de Galicia, e despois do Telexornal Mediodía poderase ver un adianto desta serie de 4 documentais baixo o título “O Pórtico da Gloria, polos séculos dos séculos”.

A restauración do Pórtico da Gloria e o seu contorno, posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié, foi promovida pola Fundación Catedral e a Fundación Barrié en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Instituto do Patrimonio Cultural de España do Ministerio de Cultura e Deporte.

Captura de pantalla do documental. Copyright Fundación Catedral_Fundación Barrié_TVG


RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes

Videos