Presentación da web de acceso ao arquivo dixitalizado da RSEAPS

16/03/2017

A Fundación Barrié e a Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago presentan unha páxina web (rseaps.fundacionbarrie.org) para o acceso libre ao seu arquivo dixitalizado. O proxecto foi presentado hoxe xoves 16 de marzo en Santiago, nun acto no que participaron o presidente da Fundación Barrié, José María Arias Mosquera, o presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, Juan Bautista de la Salle Barreiro Pérez e o responsable da Biblioteca da Fundación Barrié, Diego Rodríguez González.