Investigadores sociais

Inicio / Acción Social / Prevención / Investigadores sociais

Investigadores sociais

Prevención do vandalismo e os delitos forestais

#SenLumes e #SenVandalismo son dúas iniciativas promovidas pola Fundación Barrié coa Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), para fomentar a conciencia social do alumnado en materia de prevención do vandalismo e os delitos forestais.

Ambas se desenvolven entre marzo e xuño de 2018 coa participación de escolares que cursan estudos de 5º de primaria e 2º de ESO no Colexio Divina Pastora de Ourense, o seu profesorado e familias.

O resultado será unha campaña de sensibilización social sobre a prevención de neglixencias que provocan incendios forestais, nun caso, e sobre os danos e riscos que carrexa o vandalismo, noutro.

CONTIDOS RELACIONADOS