Conmemoración Día da Ciencia en Galicia

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar: educaBarrié / Conmemoración Día da Ciencia en Galicia

Día da Ciencia en Galicia

A Real Academia Galega de Ciencias celebra desde 2008 o Día da Ciencia en Galicia, co obxectivo de divulgar a investigación e a ciencia entre a sociedade en xeral e entre a comunidade educativa en particular.

Día da Ciencia en Galicia celébrase o 8 de outubro, data que conmemora o nacemento do Padre Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, promotor indiscutible da Ciencia no seu primeiro momento.

Os científicos homenaxeados ata o momento son Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal, Cruz Gallastegui Unamuno, Ramón Mª  Aller Ulloa, Antonio Casares Rodríguez, Fray Jerónimo Benito Feijoo Montenegro, Luis Iglesias Iglesias, Ignacio Ribas e Ángeles Alvariño González.

A Fundación Barrié colabora neste importante proxecto coa elaboración e difusión de materiais didácticos sobre a vida e a obra dos homenaxeados.

Este ano o homenaxeado é Baltasar Merino.

Baltasar Merino Román foi un xesuíta e botánico do século XIX que realizou unha das obras sobre flora galega pioneiras. O seu traballo de recolección abrangue moitos concellos de Galicia e quedou reflictido nas súas publicacións. Ademais, isto foi compaxinado co seu labor docente no Colexio da Guarda onde impartiu clases de Física e Química, Historia Natural ou Agricultura durante varias décadas.
 

Para coñeceres mellor a súa figura e mais a súa obra podes descargar a unidade didáctica e o vídeo:


 

              

 Científicos homenajeados hasta la fecha
Ángeles AlvariñoLuis Iglesias IglesiasBenito Jeronimo Feijoo
Antonio Casares
Ramón Aller UlloaCruz GallasteguiIsidro Parga Pondal
Enrique Vidal Abascal  

 
 


 

CONTIDOS RELACIONADOS