Imatxina

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar: educaBarrié / Imatxina

Imatxina

Obradoiros e Concurso matemáticos. XII Edición

Imatxina é un programa de actividades didácticas e concursos de Matemáticas organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Escola Rosalía de Castro co asesoramento da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA).

O programa componse de diferentes actividades (obradoiros, concursos, exposicións, conferencias) dirixidas a alumnado de 3º ciclo de Primaria, 1º ciclo de Secundaria e profesorado.

Imatxina ten como obxectivo fomentar o interese dos escolares polas matemáticas dun xeito lúdico e participativo; favorecer o uso de materiais didácticos innovadores para o tratamento dos programas curriculares polo profesorado; amosar que todos podemos ser matemáticos, isto é, argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar...; sensibilizar aos distintos sectores educativos verbo de como as matemáticas se poden ensinar e aprender de maneira atractiva; aprender a traballar en equipo valorando e respectando as opinións propias e as dos demais e fomentando a imaxinación e a creatividade; sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade desde un punto de vista lúdico e participativo.

INSCRICIÓNS


Programa Vigo


Programa Coruña

CONTIDOS RELACIONADOS