Deseño e Impresión 3D

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar / Deseño e Impresión 3D

Deseño e Impresión 3D. Foguetes espaciais

AFORO COMPLETO

A Fundación Barrié organiza, en colaboración con VermisLAB, os obradoiros de Deseño e Impresión 3D, co obxectivo de achegar o deseño e modelado de pezas en 3 dimensións ao alumnado de Educación Primaria (3º ciclo) e Secundaria (1º e 2º ciclo) dos centros educativos de Galicia. 
Os participantes aprenderán como funcionan as impresoras 3D da man de profesionais do mundo do deseño e a impresión 3D.
 
No obradoiro, o alumnado realizará as actividades de deseño e impresión dun foguete espacial. Coñecerán as partes principais de que consta un foguete, así como os conceptos físicos que hai detrás dun foguete. Traballarán cun software online de balde de modelado 3D, divertido e doado de manexar, co que poderán facer as súas creacións dun xeito sinxelo.
 
Ao remate do obradoiro poderán continuar a experiencia na casa, xa que se levarán o foguete que eles mesmos deseñaron xunto con toda a información necesaria de como facelo voar!
O obradoiro permite ao alumnado desenvolver competencias clave como a creatividade, a busca de solucións innovadoras, así como o razoamento espacial.
 
Para participar non cómpre dispor de coñecementos previos na impresión 3D. Todos os materiais son proporcionados pola Fundación Barrié.
 
Duración: 2 horas
Capacidade do recinto máximo: 50 persoas
Actividade de balde. Prazas limitadas
 
 
Inscrición: desde o 16 de setembro ata o 14 de outubro de 2019.
Datas da celebración dos obradoiros: desde o 11 ata o 15 de novembro de 2019. Fundación Barrié (A Coruña)

CONTIDOS RELACIONADOS