Achégate á Robótica

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar / Achégate á Robótica

Achégate á Robótica

Obradoiros de Robótica 2018

Prazo de inscrición pechado

A Fundación Barrié organiza os obradoiros de robótica educativa Achégate á Robótica, co obxectivo de fomentar o interese pola tecnoloxía e a programación ao alumnado de Educación Primaria (3º ciclo) e Secundaria (1º e 2º ciclo) dos centros educativos de Galicia.
 
No obradoiro, os participantes deseñan, arman e programan robots para resolveren entretidos desafíos, de maneira que adquiran diferentes funcionalidades.
 
Achégate á Robótica permite ao alumnado aplicar a lóxica intuitiva así como desenvolver competencias chave do currículo educativo tales como a cooperación, a creatividade, o traballo en equipo, a resolución de problemas e a xestión do tempo.
 
Máis de 750 estudantes de Galicia participaron na pasada edición. Para participar non cómpre dispor de coñecementos previos en robótica e programación. Todos os materiais son proporcionados pola Fundación Barrié.
 
Duración: 2 horas
Aforo máximo: 50 persoas
Actividade de balde. Prazas limitadas


Programa


Achégate á robótica


Prazo de inscrición

CONTIDOS RELACIONADOS