Achégate á Robótica

Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar / Achégate á Robótica

Achégate á Robótica

AFORO COMPLETO

A Fundación Barrié organiza os obradoiros de robótica educativa Achégate á Robótica, co obxectivo de fomentar o interese pola tecnoloxía e a programación ao alumnado de Educación Primaria (3º ciclo) e Secundaria (1º e 2º ciclo) dos centros educativos de Galicia.
 
No obradoiro, os participantes deseñan, arman e programan robots para resolveren entretidos desafíos, de maneira que adquiran diferentes funcionalidades.
 
Achégate á Robótica permite ao alumnado aplicar a lóxica intuitiva así como desenvolver competencias clave do currículo educativo tales como a cooperación, a creatividade, o traballo en equipo, a resolución de problemas e a xestión do tempo.
 
Máis de 750 estudantes de Galicia participaron na pasada edición. Para participar non cómpre dispor de coñecementos previos en robótica e programación. Todos os materiais son proporcionados pola Fundación Barrié.
 
Duración: 2 horas
Capacidade do recinto máximo: 50 persoas
Actividade de balde. Prazas limitadas

Inscrición: desde o 16 de setembro ata o 14 de outubro de 2019.
Datas da celebración dos obradoiros: desde o 18 ata o 29 de novembro de 2019. Fundación Barrié (A Coruña)

 


CONTIDOS RELACIONADOS