Inicio / Publicaciones / Detalle Publicación

Publicaciones

O libro da heráldica galega

O libro da heráldica galega

Os estudios sobre xenealoxía e heráldica, tras décadas de moi escasa consideración e proxección, coñecen actualmente, e así sucede desde hai xa algún tempo, unha etapa de particular brillantez. Este libro non pode desligarse dese ambiente de eclosión. É importante polo que supón en si mesmo como polas portas que abre. Polo que supón en si mesmo, ante todo: ofrece a máis nutrida recompilación de debuxos de escudos galegos reunida ata o de agora (2.142 no índice final e algo máis de 1.000 complementando o texto, alcanzando a suma dos dous conceptos un total de 3.237 entradas), dato que, sen máis consideracións, convirte a este libro no mellor documentado/ilustrado sobre o tema en Galicia, sendo, por iso, un referente de imprescindible consulta. Resulta clave tamén polas vías que abre. Trátase -e non é pouco- do primeiro gran manual de heráldica galega e en galego. Existen, en efecto, outros e moi destacados libros de heráldica galega. Ningún, sen embargo,está concebido para servir de guía ou introductor, pretensión orientadora que está presente nesta obra desde as súas primeiras liñas. Desbordante na información recollida e preciso, moi concreto e rigoroso, á vez, no dato puntual, este libro será desde hoxe, con seguridade, unha ferramenta de axuda inestimable para quen aspire a introducirse no apaixoante mundo das armerías das linaxes galegas de orixe e adopción. ÍNDICE

Luciano Fariña Couto
Catalogación arqueológica y artística de Galicia

A Coruña, 2001
ISBN: 84-89748-92-6
645 páginas
Cartoné. Tamaño: 29 cm. 3.237 ilustraciones

56.25€

CONTACTAR