Inicio / Publicaciones / Detalle Publicación

Publicaciones

Cartas a Murguía II

Cartas a Murguía II

Este segundo volume do Epistolario Murguía recolle a correspondencia recibida polo Patriarca entre 1868, data da súa incorporación como arquiveiro a Simancas, e a morte de Rosalía en 1885. As últimas misivas do tomo, coas cartas de pésame, constitúen unha especie de homenaxe derradeiro de Galicia á súa cantora, axiña convertida no símbolo máis representativo do país. Unha vez máis nos dá ocasión esta colección epistolar de ver o que no seu día foron comunicacións privadas, case que íntimas, convertérense en documentos históricos de grande interese para a nosa cultura. Se por unha banda, na primeira parte do volume temos ocasión de certificar a ruptura de Murguía co seu editor Soto Freire, privándonos deste xeito de valiosísima información editorial, os horizontes informativos amplíanse coa incorporación de Milá i Fontanals e Antonio Machado y Álvarez, o pai do coñecido poeta. Estas incorporacións permítennos profundar no eido tan querido para Murguía da cultura popular, cerne da súa ideoloxía historiográfica. A través da correspondencia con Paz Novoa, ten presenza importante o debate sobre dos foros e o réxime de propiedade en Galicia, outro dos fíos conductores das inquedanzas do Presidente da Real Academia Galega. Pero tamén teremos ocasión de entrar na intrahistoria dunha das publicacións emblemáticas da cultura galega do XIX, a revista La Ilustración Gallega y Asturiana, que enlaza unha vez máis os nomes de Alexandro Chao, editor primeiro dos Cantares Gallegos de Rosalía, e Murguía. Polo demais non faltan as referencias á cultura xornalística e literaria galega, coa Pardo Bazán como pano de fondo, nas cartas de Segade Campoamor e tamén a alta política liberal, coas súas luces e sombras, que nos achega o deputado Ramón Rúa Figueroa. En definitiva, un mosaico de referencias culturais e políticas imprescindibles para comprender a construción diferenciada de Galicia. ÍNDICE

Edición, introducción y notas Xosé Ramón Barreiro Fernández y Xosé Luís Axeitos
Colección Galicia Viva

A Coruña, 2005
ISBN: 84-9752-006-8 (obra completa)
84-95892-34-0 (v.II)
519 páginas
Rústica.

27.00€

AÑADIR