Inicio / Publicaciones / Detalle Publicación

Publicaciones

Manuel Antonio. Obra completa. Vol. I: Prosa

Este volume, que recolle a obra en prosa de Manuel Antonio, forma parte dun proxecto conxunto entre a Real Academia Galega e a Fundación Barrié e permitirá, por fi n, a publicación da obra completa do escritor rianxeiro. O devandito proxecto inaugura tamén unha nova colección, con vocación de futuro, que se denominará Clásicos da Academia
O plan da publicación da obra completa de Manuel Antonio contempla a posibilidade de cinco volumes: o primeiro para a prosa, o segundo e o terceiro para o riquísimo epistolario, inédito en gran parte, o cuarto para a poesía e un derradeiro volume destinado á biografía do escritor rianxeiro.
Co título de Prosa literaria agrupamos un total de quince títulos que recollen os textos de creación literaria, todos eles narrativos, inéditos na súa maior parte.

Edición y notas de Xosé Luís Axeitos Agrelo
Colección Clásicos da Academia
Vol. I: Prosa

A Coruña, 2012
352 páginas
ISBN Vol. I: 978-84-9752-063-8

20.00€

AÑADIR