Inicio / Publicaciones / Detalle Publicación

Publicaciones

O romance da urca de Santo Antón (1777). Poesía en galego no Ferrol do século XVIII

O poema que neste libro se dá a coñecer consérvase desde data incerta no Archivo Histórico Nacional de Madrid, formando parte do Códice 1052B, un volume facticio que reúne manuscritos literarios dos séculos XVIII e XIX e que debeu de pertencer ao erudito pontevedrés Eugenio Reguera y Pardiñas (1806-1866).
Este volume recolle un romance en galego e castelán de 668 versos no que se relatan acontecementos reais que tiveron como escenario unha travesía desde A Habana ata Ferrol realizada entre abril e xullo de 1777 a bordo dunha urca de nome San Antonio (galeguizado no texto como San Antón), e mais unha función relixiosa votiva celebrada na igrexa parroquial de San Xiao de Ferrol en agosto dese mesmo ano. Trátase dunha composición de carácter satírico escrita nun ton informal na que un remitente non identificado lle relata a un seu amigo as vicisitudes da travesía e da posterior celebración relixiosa, incidindo especialmente na intervención do predicador, personaxe ao parecer ben relacionado entre a sociedade ferrolá da época. É, por tanto, un escrito literario de carácter privado, ou polo menos de circulación restrinxida, que non estaba destinado a ser feito público. Nesta mesma modalidade creativa inscríbense algunhas outras mostras en lingua galega que son da mesma época ou un pouco posteriores, o que suxire que nestas pezas circunstanciais feitas por divertimento o uso da nosa lingua puido ser naquela época algo menos excepcional ca na creación literaria máis ambiciosa.

Ramón Mariño Paz, Margarita Sánchez Yáñez, Damián Suárez Vázquez
Biblioteca Filolóxica Galega

A Coruña, 2012
ISBN: 978-84-9752-068-3
170 paginas
Rústica.
Tamaño: 23 x 17cm

15.00€

CONTACTAR