Inicio / Sala de prensa /

BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2016

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié outorga bolsas a 10 mozos e mozas para a realización de Máster en centros académicos de todo o mundo

12-05-2017

  • A Fundación Barrié fixo pública hoxe a resolución da súa 28ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro correspondente ao curso académico 2017-2018.
  • As 10 bolsas para a realización de estudos de Máster reflicten o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
  • O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro é unha das contribucións máis notables da Fundación Barrié á comunidade, con 674 bolsas concedidas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 38 millóns de euros.

Bolsas de Posgrao no Estranxeiro
© Fundación Barrié

A Coruña, 11 de maio, 2017.- A Fundación Barrié fixo pública hoxe a resolución da súa 28º edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro para a realización de estudos Máster en centros académicos de todo o mundo, nun amplo abano de especialidades de interese e impacto para Galicia. A entrega de credenciais aos 10 novos bolseiros, universitarios galegos ou vinculados con Galicia, terá lugar o 30 de xuño na Fundación Barrié na Coruña.
 
As convocatorias anuais de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro son un Programa de referencia da Fundación Barrié, que alcanza a súa 28ª convocatoria coa concesión de 674 bolsas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 38 millóns de euros. O Programa reflicte o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
 
Lanzado en 1990, o Programa persegue un triplo obxectivo:

  • facilitar o acceso ao coñecemento das mellores técnicas, métodos e procedementos;
  • proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural;
  • e contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, profesionais e culturais de titulados universitarios vinculados a Galicia.
O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié, dirixido a graduados universitarios, licenciados ou titulados superiores, é un dos Programas de Bolsas de Excelencia máis destacado a nivel nacional e internacional.
 
10 bolsas para a realización de estudos de Máster
 
Dos 10 novos bolseiros seleccionados, 1 cursou a súa licenciatura na Universidade de Santiago, 3 na de Vigo, 2 na da Coruña e o resto en universidades de fóra da comunidade galega (Pontificia de Comillas, Politécnica de Cataluña). Entre as áreas de especialización encóntranse, dereito, enxeñaría (da enerxía, industrial, civil, electromecánica), física, comunicación audiovisual, ADE.
 
Centros de referencia como a Stanford University, Wharton University, a Delft University of Technology, The Imperial College of Science, Technology and Medicine; New York University, Insead, Swiss Federal Institute of Technology Zurich, Technical University of Denmark, German Film and Television Academy Berlin (DFFB).
 
A REDE DE TALENTO DA FUNDACIÓN: A ASOCIACIÓN DE BOLSEIROS 

A Fundación Barrié conta cunha activa Asociación de Bolseiros, creada en 1996, que ten cerca dun milleiro de integrantes, todos beneficiarios dos programas de bolsas para investigación, estudos universitarios ou ampliación de estudos universitarios en España ou no estranxeiro. A Asociación desenvolve actividades encamiñadas a facilitar aos seus asociados o contacto con institucións profesionais e académicas de ámbito galego, nacional e internacional e sempre a manter e alimentar o vínculo da Fundación cos seus bolseiros. 
Neste sentido, serve de vehículo para canalizar as actividades daqueles bolseiros que queiran poñer ao servizo de Galicia e, en particular, da Fundación, os seus coñecementos e experiencia, para que a formación adquirida durante o transcurso dos seus estudos e investigacións trascenda o ámbito da mellora persoal e reverta no avance da sociedade galega.

 
BOLSEIROS DE MÁSTER 2017
Nome Universidade de orixe Titulación a obter Centro destino / País
María Eva Álvarez Regueiro Universidade de Vigo Máster en Enxeñaría Mecánica The Imperial College of Science, Technology and Medicine. Reino Unido
Aarón Bello Arufe Universidade de Santiago de Compostela Máster en Ciencias Físicas do Espazo e Enxeñaría Technical University of Denmark. Dinamarca
Sara Fernández Rodríguez Universidade de Vigo Máster en Dereito da Empresa e dos Negocios New York University. Estados Unidos
Antonio García-Mochales Casas Universidad Pontificia Comillas (ICADE) MBA (Máster en Administración de Empresas) Insead. Francia
Rafael de Juan Astray Universidad Pontificia Comillas (ICAI) MBA (Máster en Administración de Empresas) University of Pennsylvania: Wharton. Estados Unidos
Manuel Martínez de Ubago Álvarez de Sotomayor Universidade da Coruña Máster en Transporte, Infraestrutura e Loxística Delft University of Technology. Países Bajos
Alfonso Merino García Universidade de Vigo Programa de Posgrao en Graduación da Cor German Film and Television Academy Berlin (DFFB). Alemania
Cristóbal Pereira Méndez Universidade da Coruña Máster en Hidroloxía The Imperial College of Science, Technology and Medicine. Reino Unido
Marta Pita Vidal Universidad Politécnica de Cataluña Máster en Física Avanzada e Profesional TU Delft. Holanda
Jaime Rodríguez-Toubes Goicoerrotea Universidad Pontificia Comillas (ICAI) Máster en Ciencias da Xestión e Enxeñaría Stanford University. Estados Unidos