Simposio Científico Internacional Andrew W. Mellon
© Fundación Barrié
Inicio / Patrimonio e Cultura / Conservación e recuperación do Patrimonio / Programa Catedral de Santiago / Simposio Científico Internacional Andrew Mellon

Simposio Científico Internacional "O esplendor do Pórtico da Gloria: conservación, policromía e a transfiguración da materia"

Este simposio, incluído no programa de actividades definido na colaboración establecida entre a Fundación Andrew W. Mellon e o Programa Catedral de Santiago de Compostela, arredor dos traballos de estudo e restauración do Pórtico da Gloria, reúne unha serie de salientables restauradores, científicos e historiadores da arte que participan no Programa Catedral de Santiago, xunto a un selecto grupo de recoñecidos expertos internacionais. Ademais de presentar unha visión de conxunto dos resultados obtidos polos equipos multidisciplinares que traballaron no Pórtico da Gloria desde 2008, o simposio ofrece a oportunidade de dar a coñecer e debater novas aproximacións a aspectos tan relevantes para a conservación do patrimonio como poden ser os novos procedementos para a limpeza e consolidación da policromía en escultura de pedra, o desenvolvemento de plataformas dixitais interactivas para o procesado e visualización de datos, ou as tecnoloxías de vangarda que permiten a  virtual das policromías históricas.

O simposio conta coa coordinación científica do Dr. Francisco Prado-Vilar (Coordinador científico do Programa Catedral de Santiago; Director do Programa Andrew W. Mellon para o Pórtico da Gloria, Universidade de Harvard, Real Colegio Complutense), e as súas sesións estarán abertas para o público a fin de que, deste xeito, a vertente científica dun encontro de reputados especialistas internacionais véxase completada cunha acción de divulgación que permita achegar á cidadanía a realidade e o avance do proxecto de intervención no Pórtico da Gloria.

O Programa Catedral de Santiago de Compostela é promovido pola Fundación Catedral e a Fundación Barrié en colaboración co Instituto de Patrimonio Cultural de España do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Xunta de Galicia. A restauración do Pórtico da Gloria, englobada no Programa Catedral, é posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié. 


Programa Simposio A.W.Mellon

GALERÍA DE IMAXES

  • Primeiro policromado
    Corresponde ao momento no que rematou a construción do Pórtico (1211), solemne momento da consagración da Basílica, nos primeiros anos do século XIII. Elaborado por Petra S. Coop.

    Programa Catedral

  • Segundo policromado
    Policromado total, datado probablemente no século XVI polos motivos decorativos que se realizan a base de brocados aplicados de prata e estaño nas roupaxes. Elaborado por Petra S. Coop.

    Programa Catedral

  • Terceiro policromado
    Data por determinar. Repolicromado total que volverá cambiar o aspecto do conxunto do Pórtico. Ocúltase a decoración anterior cunha paleta máis sombría, engadindo branco e sombras. Elaborado por Petra S. Coop.

    Programa Catedral

  • Cuarto policromado
    É unha intervención reparadora de menor calidade que as anteriores, repetindo as cores subxacentes cunhas decoracións pouco elaboradas. Elaborado por Petra S. Coop.

    Programa Catedral

  • Cuarto policromado 2
    Elaborado por Petra S. Coop.

    Programa Catedral

  • Relevo con aplicación de laca vermella
    Carmena&Cueli. Pórtico da Gloria

    Programa Catedral

  • Secuencia de 3 policromías
    Evanxelista. Secuencia Pórtico da Gloria. Elaborado por Petra S. Coop.

    Programa Catedral

  • Fixación de estratos de cor no Pórtico da Gloria

    Programa Catedral

  • Microaspiración no Pórtico da Gloria

    Programa Catedral

  • Patoloxía Pantocrátor
    WMF-FC SMV C

    Programa Catedral