Inicio / Acción Social / Intervención / Programa Rede Paraugas Alzheimer / Taller Rede Paraugas Alzheimer-A Coruña

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Taller Rede Paraugas Alzheimer: "Coñecer mellor a enfermidade de Alzheimer"

Luns 09 de Outubro de 2017

Sede A Coruña


Require inscrición

Enlace aquí

Actividade dirixida a estudantes de centros educativos galegos que ten como obxectivo que o alumnado coñeza mellor a enfermidade de Alzheimer e que consecuencias ten no núcleo familiar, así como o traballo que realizan os profesionais coas persoas que sofren algunha demencia e os seus familiares.

Esta actividade está integrada por unha charla divulgativa que terá lugar na sede da Fundación Barrié de A Coruña, e que será impartida polo doutor Carlos Spuch, especialista en demencias do sector sociosanitario, quen explicará, dunha maneira próxima e dinámica, que son as demencias, que parte do cerebro se ve afectada, por que se producen, que tipos de demencias existen e cuales son as diferenzas entre elas.

Esta charla complementarase cunha visita dun profesional da Asociación de Familiares e outras Demencias a cada centro educativo que participou na charla, co fin de explicar aos mozos e mozas o traballo que realiza cada profesional e as tarefas que se desenvolven nestas entidades e como afecta a demencia á persoa, á familia e á sociedad na que se relaciona.

Nunha última fase, varios alumnos dos institutos participantes trasladaranse á Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras demencias para coñecer de primeira man as actividades que alí se desenvolven. Os alumnos seleccionados para a realización da visita ao centro explicarán ao resto dos seus compañeiros de que forma se leva á práctica a teoría presentada polos profesionais nas sesións anteriores.

Esta actividade enmárcase no Programa Rede Paraugas Alzheimer, da Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL)

Previa inscrición enviando correo electrónico a:  fagal@fagal.org





PRÓXIMOS EVENTOS