Inicio / DI K NON / DI K NON / DI K NON / DI K NON

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


DI K NON. Pechado prazo de solicitude de obradoiros para a prevención do consumo de drogas en adolescentes

Luns 30 de Maio de 2016
Venres 17 de Xuño de 2016
00:00


Peche do prazo de solicitude de obradoiros Curso 2016-2017 (para os centros educativos das provincias da Coruña e Lugo) 
 
Di-K-Non é unha experiencia educativa para previr o consumo de drogas en adolescentes, na que os internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro compartillan as súas experiencias con escolares galegos co fin de previr os adolescentes sobre o consumo de drogas. Trátase dun obradoiro que consta de dúas partes: a primeira delas realízase no centro educativo; na segunda, un grupo de alumnos visita o centro penitenciario de Teixeiro.
 
Por mor das especiais características desta actividade, o número de solicitudes atendidas para cada curso é limitado. Para o curso 2016-2017 serán 10 os obradoiros ofertados para as provincias da Coruña e Lugo.

A escolma dos 10 centros participantes será por sorteo entre todas as solicitudes remitidas.

As solicitudes presentaranse a través dun formulario desde o 30 de maio  ao 17 de xuño de 2016.

O sorteo realizarase na segunda quincena de xuño de 2016.
 
Máis información:
serviciossociales@fbarrie.org
Teléfono: 981 060062





ETIQUETADO EN: DI K NON  ,  PREVENCIÓN  ,  CONSUMO DE DROGAS  ,  ADOLESCENTES

PRÓXIMOS EVENTOS