BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Teatro: "Véndese ático", de Adolfo Marsillach

Compañía de teatro de Blanca Marsillach

Blanca Marsillach

Venres 15 de Marzo de 2019

11:00-13:00

Sede A Coruña

Aforo limitado

Previa recollida da invitación

Adolfo Marsillach dedicou Véndese ático, segundo as súas palabras, “a todas as mulleres que conviviron comigo, e a todos os homes que agora conviven con elas”. El mesmo afirmou despois que tal sentencia non era senón unha chulería, mais púidolle a “voluptuosidade de facer unha frase”.

O texto de Marsillach presenta un ex-matrimonio e as novas relacións que cada membro establece tras este delicado e novidoso trance. E aínda que na versión orixinal aparecen diversos personaxes que acompañan os catro protagonistas, esta montaxe céntrase nos catro principais: Andrés e Marta, con anterioridade casados, e Lola e José Joaquín, actuais parellas de ambos. E comprobaremos como as parellas acabadas de formar conservan as manías das vellas, mentres que Marta e Andrés, acabados de divorciar, compartillan complicidades e confidencias que non son ben recibidas polos seus novos compañeiros. É dicir, os amantes compórtanse como vellos matrimonios, e os divorciados semellan desexar, por momentos, tornar á súa condición anterior.

Unha función co selo de Adolfo Marsillach: irónico, intelixente, elegante, e con gran sentido do humor.

Entrada por invitación. Para máis información contactar con produccion.blancamarsillach@gmail.com





ETIQUETADO EN: TEATRO  ,  BLANCA MARSILLACH  ,  ADOLFO MARSILLACH

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •