Inicio / Educación / Promoción do éxito escolar: educaBarrié / Proxectos Escolares 2016-2017 / Resolución da convocatoria

V Convocatoria de Proxectos Escolares 2016-2017

Resolución da convocatoria

 
Proxectos seleccionados

Modalidade 1: Proxecto Centro
 
Proxecto 1:

Título: “O mar de Sabela”
 CEIP de Rubiáns
Localidade/Provincia:  Vilagarcía de Arousa PONTEVEDRA
Nivel educativo: Primaria
 
Proxecto documental integrado PDI orientado ao coñecemento do patrimonio natural da zona e a educación ambiental e á aplicación do método científico en proxectos de bioloxía (flora e fauna costeira).
 
Proxecto 2:

Título: “O libro nos camiños da cultura occidental”
  IES República Oriental do Uruguai
Localidade/Provincia:  Vigo PONTEVEDRA
Nivel Educativo: ESO e Bacharelato
 
Proxecto que aborda unha etapa da Historia "O Renacemento" desde unha perspectiva interdisciplinar histórica, literaria, científica, etc. Realizaranse actividades de teatralización, expositivas, traballos literarios, históricos e científicos, etc. en diferentes idiomas.
 
Modalidade 2: Proxecto Intercentros
 
Proxecto 3:


Título: "Illa Fantasía. A Escola do Unicornio. Primeira viaxe en globo á Illa Fantasía"
  CEIP Sada - EEI Carnoedo - CEIP Barrié de la Maza - CEIP Mosteirón - CEIP Sofía Casanova - CRA Culleredo - CEIP Vales Villamarín
Localidade/Provincia:   Sada A CORUÑA
Nivel educativo: Infantil e Primaria
 
Proxecto de animación á lectoescritura a través da imaxinación, a fantasía e o pensamento creativo nunha escola imaxinaria "A escola do Unicornio".
 
Modalidade 3: Proxecto Colaborativo
 
Proyecto 4:

Título: "Conectando xeracións"
  IES Eduardo Blanco Amor e Colexio Divina Pastora
Localidade/Provincia:  Ourense OURENSE
Nivel educativo: ESO e Bacharelato
 
Proxecto social e creativo para o acompañamento de maiores por xoves a través da produción dunha obra colectiva literaria, ilustrada e audiovisual sobre a vida e o contexto temporal e histórico dos maiores.
 
Modalidade 4: Proxecto Infantil
 
Proxecto 5:

Título: "Patios Activos"
  CRA Antía Cal
Localidade/Provincia:  Gondomar PONTEVEDRA
Nivel educativo: Infantil
 
Proxecto para a incorporación no centro de metodoloxías activas de Educación, acompañamento con respecto, xogo, natureza.