Inicio / VI Xornada práctica dirixida a avogados vítimas de accidentes de circulación

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


VI Xornada práctica dirixida a avogados vítimas de accidentes de circulación

Venres 22 de Setembro de 2017

09:45

Sede A Coruña

Aforo limitado

Require inscrición

Enlace aquí

VI Xornada práctica dirixida a avogados vítimas de accidentes de circulación que se celebra na sede coruñesa da Fundación Barrié ten como obxectivo abordar os asuntos máis controvertidos tras a reforma operada pola Lei 35/2015, de 22 de setembro.

Estruturada en catro relatorios prácticos desenvolvidos por expertos na materia, os asistentes á xornada poderan participar e resolver todas as súas dúbidas.

O evento está organizado por Thomson Reuters e a Asociación Nacional Abogados de Víctimas de Accidentes e R.C. en colaboración con PDA Peritos de Accidentes e Clínicas San Vicente e o Ilustre Colexio de Avogados da Coruña.

Require inscrición.

PROGRAMA

09:45 Recepción de asistentes.

10:00 Inauguración das Xornadas e Presentación do Moderador
• D. Juan Antonio Armenteros Cuetos
Avogado.
Socio-Director de “Armenteros Abogados”
Presidente da sección de Responsabilidade Civil do Colexio de Avogados da Coruña 
• D. Carlos Tejo Pindado
Responsable de acordos e alianzas con Colexios e Asociacións de TR
• D. Jose Luis Castro 
Formador de Thomson Reuters

10:15 Traumatismos menores da columna cervical en accidentes de baixa intensidade. Art. 135 da LRCSCVM. Cuestións clínicas para a súa defensa e reclamación.
• Dra. Dª. Mª. Teresa Pérez Nieves
Médico especialista en Rehabilitación.
Perito Xudicial.
Xefa de Servizo de Rehabilitación CLÍNICA SAN VICENTE

11:00 A utilidade e validez dos informes de biomecánica en accidente de tráfico en colisións a baixa velocidade.
• D.Raúl López Sánchez
Enxeñeiro Superior Industrial
Máster Oficial en Prevención de Riscos Laborais (3 especialidades - Seguridade no Traballo, Hixiene e Ergonomía e Psicosocioloxía).
Perito colaborador con PDA PERITOS DE ACCIDENTES.

11:45 A aplicación da LO 15/99 de 13 de decembro da Protección de datos persoais Letrado-aseguradora. O novo regulamento en vigor no ano 2018.
• D. Víctor Salgado Seguín
Avogado
Socio-Director de “Pintos & Salgado Abogados”
Especializado en Dereito TIC desde 1997.

12:15 A oferta e resposta motivada. Os deberes recíprocos de colaboración. Arts. 7 e 37 da LRCSCVM
• D. Manuel Castellanos Piccirilli
Avogado
Mediador de Seguros Titulado.
Presidente da Asociación Nacional Abogados de Víctimas de Accidentes e R.C. (ANAVA-RC)
 
Coloquio e clausura da Xornada



PRÓXIMOS EVENTOS