BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornada Dircom&Forética: "Medición do impacto empresarial no investimento estratéxico na comunidade"

Martes 18 de Abril de 2017

16:00-19:00

Sede Vigo

Aforo limitado

A Fundación Barrié acolle na súa sede viguesa a xornada "Medición do impacto empresarial no investimento estratéxico na comunidade" organizada por Dircom Galicia e Forética.

“Rompendo as barreiras do investimento na comunidade a través da medición do impacto”


Medir o impacto do noso investimento na comunidade axuda a contar mellor a nosa historia de valor, convertendo as accións en fundamentais para a compañía. Se alén diso, medimos o seu impacto dentro do marco da pegada social da empresa no seu conxunto serán moito máis estratéxicas e primordiais.
 
Dircom Galicia e Forética organizan esta xornada centrada en achegar as principais estratexias de desenvolvemento e xeración de impacto do investimento na comunidade, definir os retos e tendencias e dar a coñecer as principais ferramentas de medición do impacto empresarial na comunidade.
Durante a sesión realizarase unha aproximación aos coñecementos a seguir a través de conceptos teóricos e prácticos mediante experiencia e casos de estudo:
 
 1. O rol das empresas na sociedade desde o punto de vista da RSE
 2. Ferramentas de medición:
    - London Bechmarking Gropu: LGB
    - Socio-economic Assesment Toolkit: SEAT
    - Community Footprint

Programa:

16.00h: Benvida

16.15h: Coloquio: O enfoque de RSE nas empresas e o investimento na comunidade

17.00h: Relatorio: Medición do impacto social empresarial. Que e como medir? As 3 metodoloxías máis relevantes: LBG, SEAT e Community Footprint
• Tomás Sercovich. Director de Relacións Exteriores de Forética.

18.00h Experiencias e casos de estudo:
• Experiencia: Suzana Mihalic, Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa da Fundación Barrié
• Caso de estudo: aproximación práctica ao modelo de impacto social dunha organización

18.40h: Networking

19.00h: Finalización

Prazas limitadas e reservadas por estrita orde de confirmación.
galicia@dircom.org





PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •