BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornada: "Infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña"

Xornada: "Infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña"

Venres 27 de Outubro de 2017

10:00-14:00

Sede A Coruña


Nesta xornada, organizada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, presentaranse as liñas básicas do Sistema de Infraestrutura Verde da Área Metropolitana da Coruña no que está a traballar esta Consellería a través do Instituto de Estudos do Territorio en colaboración coa Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Dentro deste proxecto, a área metropolitana da Coruña será obxecto dunha ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental, na que se definirá unha rede de zonas naturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade e proporcionar servizos ecosistémicos: subministro e purificación da auga e do aire, almacenamento de carbono, adaptación ao cambio climático, amortiguación de ruído, ocio e turismo, educación ambiental...

A xornada será inaugurada pola Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e contará cos relatorios de Luís Orive, director do Centro de Estudios Ambientales e impulsor da infraestrutura verde de Vitoria e de Pedro Calaza Martínez, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.

Información e inscricións: secretaria.iet@xunta.gal - 981 541 755/541 756

PROGRAMA

10.00 h.  Recepción de asistentes


10.30 h.  Inauguración
 
 Beatriz Mato Otero
 Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
 
11.00 h.  A infraestrutura verde urbana de Vitoria-Gasteiz
 
 Luís Andrés Orive
 Director do Centro de Estudios Ambientales
 
11.30 h.  Infraestrutura verde e saúde. Caso de estudo: A Coruña
 
 Pedro Calaza Martínez
 Decano do Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia
 
12.00 h.  A Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia
 
 Inés Santé Riveira
 Directora do Instituto de Estudos do Territorio
 
12.10 h.  Pausa café
 
12.30 h. O Sistema de Infraestrutura Verde da Área Metropolitana da Coruña

 Isabel Aguirre de Úrcola
 Directora da Escola Galega da Paisaxe

 Carlos Calvo Orosa
 Director do Instituto Tecnolóxico de Galicia
 
 Jorge Blanco Ballón
 Xerente da ADR Mariñas-Betanzos
 
14.00 h. Clausura



PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •