Inicio / Axenda / Xornada "Presentación do Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) 2016-2022"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Xornada "Presentación do Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) 2016-2022"

Mércores 26 de Abril de 2017

10:00-14:00

Sede A Coruña

Aforo limitado

Require inscrición

Enlace aquí

A Fundación Barrié acolle na súa sede coruñesa a xornada "Presentación do Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) 2016-2022.

O PRIGA, aprobado polo Consello da Xunta o 22 de decembro de 2016 e dotado dun orzamento de 19 millóns de euros, establece a folla de ruta para a correcta xestión dos residuos industriais en Galicia.

Este Plan súmase ao Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia e subsume o Programa de prevención de residuos industriais e o Programa de xestión de residuos de construción e demolición cuxa vixencia rematou no ano 2016. Deste xeito, a Xunta culmina o proceso planificador en materia de residuos dando efectivo cumprimento á Directiva marco de residuos.

Entre os 13 obxectivos estratéxicos que fixa o PRIGA destacan os seguintes: a redución en 2020 da xeración dos residuos industriais como mínimo nun 10% fronte aos valores de 2010; o fomento da I+D+i no campo da prevención; reducir os efectos a nivel de cambio climático; e tender ao establecemento dunha economía circular.

O obxectivo desta xornada polo tanto é dar a coñecer os detalles deste Plan e achegar os conceptos, principios e estratexias de cara a mellorar e acadar unha correcta xestión de residuos industriais nos próximos anos, sendo de especial interese para o sector produtor e xestor de residuos industriais de Galicia.

Programa

10.00-10.15. Presentación.
  María Cruz Ferreira Costa, Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (CMAOT).
 
10.15-10.45. Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia 2016-2022 (PRIGA)Detalle da planificación.
 Verónica Tellado Barcia, Subdirectora xeral de residuos (CMAOT).
 
10.45-11.15. O sector produtor.
 Rogelio Méndez, Responsable de Medio Ambiente PSA-Peugeot-Citröen.
 
11.15-11.45. Pausa café.

11.45-12.15. Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA).
 Maruxa Pérez, Presidenta APROEMA.
 
12.15-12.45. Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG).
 Antonio Roncero, Director xeral UTE PMA-CONTECO I SOGARISA.
 
12.45-13.30. Mesa REDONDA. Moderada por Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago de Compostela.
 
13.45-14.00. Clausura. Beatriz Mato Otero, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (CMAOT).



ETIQUETADO EN: PRIGA  ,  PLAN DE RESIDUOS INDUSTRIAIS

PRÓXIMOS EVENTOS