BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Primeira edición dos International Zendal Awards

Mércores 27 de Novembro de 2019

Sede Vigo


Previa recollida da invitación

A Fundación Barrié acolle na súa sede de Vigo a cerimonia de entrega da Primeira edición dos International Zendal Awards convocada polo Grupo Zendal.

GENVIP (Genetics, Vaccines, Infecctions and Pediatrics Research Group), o grupo de investigación en pediatría enfocado ao estudo de enfermidades infecciosas e vacinas situado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, é a candidatura gañadora da primeira edición dos International Zendal Awards. O Comité Científico que exerce de xurado seleccionou esta iniciativa por riba das once restantes polos avances que realizaron no coñecemento das bases xenéticas das infeccións pediátricas e a súa contribución ao desenvolvemento de estratexias individualizadas de prevención e tratamento.

O premio, que conta cunha dotación de 5.000 euros, recoñece o traballo daquela institución (pública ou privada), que desenvolva o seu labor no eido da saúde tanto humana como animal e que demostrase compromiso no ámbito das vacinas, a biotecnoloxía e a saúde. Durante a cerimonia de entrega que se celebrará o vindeiro 27 de novembro ás 19:00h na Fundación Barrié de Vigo, homenaxearase á prestixiosa científica, química e profesora da Universidade Complutense de Madrid, María Vallet-Regí, pioneira no eido dos materiais cerámicos aplicados á medicina e investigadora de nanocompoñentes co obxectivo de liberar axentes terapéuticos aos tecidos enfermos sen afectar os órganos sans.





ETIQUETADO EN: PREMIOS  ,  GRUPO ZENDAL  ,  PEDIATRÍA

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •