Castellano | Galego | English  
  Acción Social | Educación e bolsas | Investigación | Patrimonio e Cultura | EducaBarrié
 
   
  EDUCACIÓN / EDUCABARRIÉ
       
    TALENTO 3.0. Formación do profesorado no desenvolvemento do talento
Programa da Fundación Barrié e a Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC, dirixido a docentes de educación primaria e secundaria. Maio e xuño
Santiago, 3 de xuño. 18.00 horas. Facultade de Psicoloxía, USC
Conferencia "O modelo de optimización do talento da Universidade de Connecticut". Joseph S. Renzulli, director do Neag National Research Center on the Gifted and Talented da Universidade de Connecticut (EE.UU), un dos centros de investigación de referencia internacional.
       
 
   
  ACCIÓN SOCIAL / EDUCABARRIÉ
   
    Xornada “A Lei do Menor: retos de intervención”
Programa K-torce 18, en colaboración coa Asociación Arela

Sede Vigo, 14 de maio
Inscrición previa en www.educabarrie.org
Xornada dirixida a docentes e profesionais da intervención social, que analizará a evolución da aplicación da Lei do Menor dende a súa entrada en vigor no ano 2000 e tratará cuestións concretas como a intervención educativa con menores maltratadores, ou os perigos e delitos derivados dun mal emprego das redes sociais. Participará, entre outros relatores, o profesor Vicente Garrido, dr. en Psicoloxía e Graduado en Criminoloxía.
 
   
    Exposición DIsCAPACIDAD
Sede A Coruña. Ata o 19 de outubro
Organizada por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral), esta exposición enmárcase na conmemoración do Ano Galego da Parálise Cerebral 2014, e ten como fin mostrar á sociedade a capacidade de loita das persoas con parálise cerebral e reivindicar a igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e ao ocio.
 
   
 
   
  CULTURA / EXPOSICIÓNS TEMPORAIS
   
    Historias de la Historia
Sede A Coruña. Ata o 14 de setembro
A mostra invita a construír e imaxinar distintas historias da Historia, que nunca é exactamente igual a como nola contaron, a través de obras de artistas contemporáneos e pezas da colección de pintura internacional da Fundación. Acompáñase dun programa didáctico para que participantes de todas as idades reflexionen sobre o constante cambio da Historia e o noso poder transformador nela.
   
 
  Compañeiros de oficio
Sede Vigo. Do 5 de xuño ao 21 de setembro
Compañeiros de Oficio, produción propia da Fundación Barrié, ten como propósito reivindicar unha reflexión nos últimos tempos poucas veces abordada sobre o papel da arquitectura vernácula como piar fundamental da obra dun imprescindible grupo de arquitectos contemporáneos como Alvar Aalto, Alvaro Siza, Tadao Ando, Balkrishna Doshi, Peter Zumthor, Glen Murcutt...) ou como Charles-Édouard Jeanneret, Le Corbusier, o grande mestre que expresou o vínculo entre os "artesáns" de onte e os "creadores" de hoxe coas palabras que dan título a esta exposición.
   
    EDUCABARRIÉ
Campamentos de verán – Visitas guiadas
Obradoiros para familias – Obradoiros para escolares.
Actividades gratuítas, previa reserva no tel. 981 06 00 95 (A Coruña)
e 986 110 220 (Vigo).
Dossieres didácticos en www.fundacionbarrie.org
y en www.educabarrie.org.
   
    Catalá-Roca. Obras Maestras
San Sebastián. Sala Kubo-Kutxa
Ata o 1 de xuño
Exposición coproducida pola Fundación e La Fábrica que propón unha relectura da traxectoria do fotógrafo catalán Francesc Catalá-Roca autor fundamental na renovación da fotografía da década dos cincuenta do século pasado, e que se compón dunha exposición, un documental, e a edición dun rigoroso catálogo de 450 páxinas con 300 fotografías cunha ampla investigación da vida do autor e material hemerográfico.
Mariñeiros de visita ao barrio chinés de Barcelona
© Herdeiros de Catalá-Roca. Colexio de Arquitectos de Barcelona
   
 
   
  EDUCABARRIÉ / PROFESORADO
   
    Curso Ensinar a Investigar
Sede A Coruña, 12, 13, 19 y 20 de maio
Actividade formativa orientada a fomentar entre o profesorado o uso da investigación como ferramenta educativa. Información e inscricións en www.educabarrie.org.
 
         
    Presentación de proxectos escolares
Sede Vigo, 28 de maio. 18.30h
Xornada de presentación dos novos programas de innovación educativa de educaBarrié, e dos proxectos de centros educativos seleccionados na  I e II Convocatorias de proxectos escolares.

Información e inscripciones en www.educabarrie.org.
 
   
 
   
  DIVULGACIÓN DA CIENCIA / EDUCABARRIÉ
   
         
   
    XIX Día da Ciencia na rúa
Parque de Santa Margarida, A Coruña,
10 de maio
Ven a divertirte e aprende e aprende coas nosas actividades científicas nesta xornada, promovida pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencia.
  Talleres científicos
¿Ciencia ou maxia?

Sedes A Coruña e Vigo
Actividades didácticas de ciencia para alumnos de educación primaria.
  Espectáculos científicos
Raios e chispas.
Maxia química.
15 W de potencia

Sedes A Coruña e Vigo
Actividades didácticas de ciencia para alumnos de ESO.
 

Obradoiros Matemáticos
Aprende e divírtete co ábaco e o cálculo mental

Sedes A Coruña e Vigo
Actividade didáctica matemática para alumnos de educación primaria.

    Máis información e inscricións en www.educabarrie.org
Mantente informado das nosas actividades e accede aos nosos recursos educativos.
   
 
       
Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en
www.fundacionbarrie.org
       
Se non desexa recibir máis comunicacións pode darse de baixa aquí