Castellano Galego English
RSS Twitter Facebook Youtube Linkedin

Fundación Barrié

FEBREIRO-MARZO 2015
image

EDUCACIÓN

image

Becas de Posgrado no Estranxeiro
Do 30 de xaneiro ao 23 de marzo
Vixésimosexta edición deste programa que apoia a profesionais e a titulados universitarios vinculados a Galicia cun proxecto académico ou investigador claro e de interese para a comunidade, para facelo realidade a través de programas de formación de posgrado ou estancias de investigación nos mellores centros educativos e investigadores do mundo. Máis información

ACCIÓN SOCIAL

image

Ktorce-18
Talleres, entre xaneiro e xuño, para achegar a Lei do Menor aos adolescentes e a seus pais a través de charlas en centros educativos, para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos. Desenvolvido en colaboración coa Asociación Arela.
Inscríbete
Vídeo do programa

image

Red Paraugas Alzheimer
Nova edición deste programa de apoio ás familias coidadoras de familiares con demencia no rural galego, que se complementa con accións divulgativas e de sensibilización sobre a realidade do Alzheimer, dirixidas a escolares de educación primaria e secundaria. En colaboración con FAGAL, Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer.
Información e inscricións: fagal@fagal.org
Máis información

EXPOSICIÓNS

image

A COLECCIÓN, Colección de Pintura Contemporánea Internacional
CentroCentro Cibeles de Cultura y Ciudadanía, Madrid.
Ata o 26 de abril
A Fundación Barrié presenta en Madrid a súa colección de pintura contemporánea internacional, cunha escolma de 31 obras que se achegan á pintura tamén dende a fotografía, a instalación ou a escultura, xogando coa expansión e a reencarnación da pintura noutros medios. A Colección trata de dar resposta á pregunta "De que falamos cando falamos de pintura hoxe?", e aspira a ser unha ferramenta didáctica que articule ao seu redor actividades enfocadas ao coñecemento, entendemento, debate e percepción da creación contemporánea internacional dos últimos 30 anos. Máis información

image

Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre
Sede A Coruña. Ata o 15 de marzo
Mostra que achega á cidadanía unha figura imprescindible na cultura española no tránsito do século XIX ao XX, escasamente coñecida na actualidade, cuxo arquivo persoal foi doado á Fundación pola súa filla Eugenia Said Santoro en 1992, e que se custodia na Biblioteca da Fundación na Coruña. Produción propia da Fundación, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Museo do Pobo Galego e a Deputación de Pontevedra, a mostra contextualiza a figura do intelectual, a través da voz dos seus contemporáneos e da documentación do propio Said. Máis información

image

Out to Sea? O proxecto dos residuos de plástico
Sede Vigo. Ata o 1 de marzo
A Fundación presenta, por primeira vez en España, este proxecto educativo de conservación medioambiental, en colaboración co Museo de Deseño de Zürich, coa fin de concienciar á sociedade, especialmente aos máis novos, sobre a urxencia e necesidade de non luxar os nosos mares con residuos plásticos. Silenciosa e paulatinamente fóronse acumulando nos océanos inxentes cantidades de lixo plástico que provocan cambios irreversibles tanto no ecosistema mariño mundial como na cadea alimentaria. Máis información

image

Didáctica exposicións temporais / EDUCABARRIÉ
Visitas guiadas - Talleres para familias - Talleres para escolares -
Talleres artísticos.
Reservas: 986 110 220 (Vigo) e 981 060 095 (A Coruña).
Dossieres didácticos en www.fundacionbarrie.org e en www.educabarrie.org.
Actividades gratuítas.

CONFERENCIAS

image

A historia da beleza. De Fidias a Picasso
Ciclo en colaboración coa Fundación Amigos del Museo del Prado que analiza nesta edición a Beleza a través de artistas e obras caracteristicamente exemplares, dende a Grecia Clásica ata o comezo da nosa era contemporánea.

20.00h. Entrada gratuíta ata completar aforo
SANTIAGO. Paraninfo da Universidade

12 febreiro: Rostro formado/ Rostro deformado, por Victor Stoichita, professeur ordinaire en histoire de l´art des temps modernes, Université de Fribourg
19 febreiro: O soño da razón produce monstros , por Valeriano Bozal, catedrático de Historia da Arte, Universidad Complutense de Madrid
Máis información

PATRIMONIO

image

Espazo Divulgativo do Pórtico da Gloria
Sala de Armas, Pazo de Xelmírez, Santiago de Compostela
Espazo Divulgativo permanente sobre o Pórtico da Gloria que promove a educación e a concienciación sobre a importancia de preservar o Patrimonio e acolle unha mostra interactiva sobre a historia, a iconografía e a restauración actual da gran obra do Mestre Mateo.
Máis información

image

FORMACIÓN DO PROFESORADO

image

Curso
O debate como ferramenta pedagóxica na aula
Sede A Coruña, 2, 3 e 4 de marzo.
Inscríbete

FOMENTO DAS VOCACIÓNS CIENTÍFICO-TECNOLÓXICAS

image

XI edición de
Imatxina
Talleres e concursos matemáticos para escolares de Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de toda Galicia.
Sede Vigo. Do 2 ao 13 de marzo
Inscríbete

 
image

Espectáculos científicos:
Ciencia ou ficción? O cerebro 15W de potencia
Actividades didácticas de ciencia para alumnos de ESO e Bacharelato
Sedes A Coruña e Vigo.
Inscríbete

image

LABBARRIÉ, o laboratorio de experimentación dos científicos do futuro
En LabBarrié atoparás numerosos experimentos científicos realmente divertidos que poderás realizar na aula, en familia o por ti mesmo seguindo os pasos que che indicamos. Máis información

Policarpo Sanz, 31 / 36202 Vigo +34 986 110 220

Cantón Grande, 9 / 15003 A Coruña +34 981 221 525

Se desexa recibir información actualizada das actividades da
Fundación Barrié pode solicitalo en www.fundacionbarrie.org
Se non quere recibir máis comunicacións pode darse de baixa aquí
Fundación Barrié Twitter