Si no ve correctamente este email haga click aquí

Castellano Galego English
RSS Twitter Facebook Youtube Linkedin

Fundación Barrié

BOLETÍN ELECTRÓNICO
XUÑO - XULLO - AGOSTO
SETEMBRO 2015
image

ACCIÓN SOCIAL

image

Programa de Atención a Menores e Educación familiar
Bolsas para acceso a recursos especializados e actividades extraescolares, compra de libros e de material escolar, así como actividades de apoio escolar para fillos de familias en situación de emerxencia ou vulnerabilidade social, son algunhas das accións de intervención que engloba este Programa impulsado pola Fundación Barrié e Cáritas. Este programa desenvolverase a nivel autonómico ata decembro de 2015. Solicitudes nas Cáritas Gallegas.
Máis información

image

KTORCE 18. Programa para a prevención de condutas infractoras
Programa que achega a Lei do Menor aos adolescentes e aos seus pais a través de charlas en centros educativos, para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos. Desenvolvido pola Asociación Arela en colaboración coa Fundación Barrié.
Máis información e solicitudes

image

Más Social. Programa formativo
Programa de formación presencial, en Vigo e na Coruña, no que participan 44 entidades sociais previamente seleccionadas na Convocatoria Más Social 2014/2015 e que ten como obxectivo que os responsables, membros das xuntas directivas e directivos destas entidades galegas prestadoras de servizos sociais melloren a súa formación e dispoñan de modelos e ferramentas de xestión que favorezan o éxito da súa organización no medio e longo prazo.

Os contidos abranguen: estratexia e cambio, comunicación e mercadotecnia, xestión de persoas, captación de fondos, xestión de proxectos, presentación de proxectos, medición de resultados e redes asociativas e movementos sociais.
Máis información

PATRIMONIO E CULTURA

image

Mentres sucede. Derivas do presente: Arte e Cultura no novo século (I)
Ciclo de conferencias organizado en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), que pretende ofrecer un retrato da complexidade da arte actual dende a voz de protagonistas e axentes de diferentes ámbitos, dende a teoría da arte, a arquitectura ou a experiencia artística, para xerar unha sorte de mapa de teorías, experiencias, lugares e críticas.

20.00 h Entrada gratuíta ata completar aforo.

Sede A Coruña
9 de xuño: As Galerías como axentes dinamizadores do desenvolvemento da Arte, por Juana de Aizpuru. Galerista

Sede CGAC
10 de xuño: As Galerías como axentes dinamizadores do desenvolvemento da Arte, por Juana de Aizpuru. Galerista

22 de xuño: 33 artistas en 3 actos, por Sarah Thornton. Escritora e socióloga da arte.
Más información

image

25 anos da UDC. A universidade na Coruña e Ferrol
Sede A Coruña. Ata o 1 de setembro.

Exposición programada con motivo da celebración do 25 aniversario da Universidade da Coruña este curso 2014-2015, dedicada a visualizar a evolución da UDC nos seus 25 anos de vida que consta de tres partes: as escolas Profesionais, a Universidade na Coruña e Ferrol e a Universidade da Coruña.

image

Espazo Divulgativo do Pórtico de la Gloria
Sala de Armas, Pazo de Xelmírez, Santiago de Compostela.

Este espazo permanente aborda a historia, iconografía e o programa de restauración que se está a desenvolver no Pórtico da Gloria: o Programa Catedral, financiado pola Fundación Barrié con catro millóns de euros.
Máis información

image

Arquitectura, materia e visión:
a construcción do Pórtico da Gloria
I Simposio Internacional Programa Catedral de Santiago

A Fundación Barrié e a Fundación Catedral, no seu compromiso permanente coa recuperación do patrimonio histórico e cultural de Galicia, xunto á Fundación General Universidad Complutense de Madrid organizan un Simposio Científico Internacional en Santiago de Compostela, incluído no programa de actividades definido na colaboración que a Andrew W. Mellon Foundation mantén co Programa Catedral de Santiago de Compostela, sobre os traballos de estudo e restauración do Pórtico da Gloria da basílica compostelá. Este simposio monográfico, dedicado á área de investigación dos estudos construtivos e estruturais, ofrecerá unha oportunidade única de abrir o proxecto a especialistas de recoñecido prestixio internacional para crear un foro interdisciplinar no eido do estudo do Pórtico da Gloria que contribúa a xeneral un ambiente intelectual fértil co que marcar novos camiños a seguir en varios campos de estudo durante as próximas décadas.

Catedral de Santiago
9 de xullo – 21.00 h
Concerto a cargo do grupo Martín Códax.
Entrada gratuíta previa retirada de invitacións. Aforo limitado.

Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela
10 de xullo – 20.00h
Conferencia divulgativa
Entrada gratuíta. Aforo limitado.
Máis información

CIENCIA

image

Science Xpression Seminars
Sede A Coruña. Do 21 ao 25 de setembro.

Workshops dirixidos a licenciados, doutorandos e postdoutorales co obxectivo de mellorar as capacidades de comunicación oral e escrita no ámbito científico e en calquera área de investigación. Organizado polo Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e a Fundación Barrié.

EDUCACIÓN

image

Campamentos de verán Na Fundación ímonos de vocacións. Kreaturama
Sedes A Coruña e Vigo, dende o 7 de xullo ata o 28 de agosto de luns a venres, en horario de mañá e tarde.

Proxecto educativo que propón, a partir de ferramentas manuais, dispositivos electrónicos (Smartphones, tablets...) e redes sociais, crear dende o cotián e desenvolver as habilidades e as aptitudes de nenos e mozos de entre 6 e 16 anos, ofrecendo unha batería de propostas en formato campamento de verán en torno á arquitectura, a fotografía, o deseño, a música e a arte, fusionando creatividade, sostibilidade e tecnoloxía e proxectando a cultura dende o participativo e o lúdico.

image

Mentores Barrié
Curso de formación da rede de mentores da Fundación Barrié. Sede A Coruña. Do 16 ao 18 de setembro.

Rede de mentores de la Fundación Barrié para el desenvolvemento profesional. Curso de formación intensiva para que o colectivo de mentores reforce a súa capacidade profesional, destreza e networking, prestando especial atención ao liderado.

image

Compete X Galicia
Conferencia de apertura. Sede A Coruña. 25 de setembro.

Programa formativo orientado a mellorar as competencias para a empleabilidade de graduandos das tres Universidades de Galicia. A conferencia de apertura marca o lanzamento dun programa que inclúe, ademais de formación en competencias e orientación profesional, estanzas de observación en empresas referentes en Galicia.

image

Talento 3.0
Formación do profesorado en identificación e formación do talento nas aulas.

Programa de formación de carácter intensivo e de réxime residencial impartido por un equipo de expertos da USC e un equipo de formadores do National Research Center on the Gifted and Talented na Universidade de Connecticut (EEUU), encabezados polo profesor Joseph Renzulli e a profesora Sally Reis.

22-25 de xuño, Santiago de Compostela. Confratute Europeo. Formación de 50 profesores na metodoloxía SEM da Universidade de Connecticut.

25 de xuño, Santiago de Compostela. Feira de Proxectos Talento 3.0.
Máis información

image

ESPECTÁCULOS CIENTÍFICOS: Á luz da ciencia
Actividades didácticas de ciencia para alumnos de ESO e Bacharelato.
Inscríbete

Maxia Química
Sede A Coruña,
12 de xuño.

 
image

LABBARRIÉ, o laboratorio de experimentación dos científicos do futuro
LabBarrié ofrece numerosos experimentos científicos que se poden realizar en familia ou individualmente seguindo os pasos indicados.
Máis información

image

PROXECTOS ESCOLARES

image

Convocatoria de Proxectos Escolares
Prazo de presentación de proxectos: ata o 30 de xuño.

Coa finalidade de estimular, recoñecer e apoiar o labor do profesorado, a Fundación Barrié a través de educaBarrié propón unha convocatoria anual de proxectos escolares á que se poderán presentar iniciativas promovidas por profesorado que se levarán a cabo nos centros educativos de Galicia durante o curso escolar 2015-2016.
Máis información

Policarpo Sanz, 31 / 36202 Vigo +34 986 110 220

Cantón Grande, 9 / 15003 A Coruña +34 981 221 525

Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en www.fundacionbarrie.org
Se non quere recibir máis comunicacións pode darse de baixa aquí
Fundación Barrié