Castellano | Galego | English  
  Acción Social | Educación e bolsas | Investigación | Patrimonio e Cultura | EducaBarrié
 
   
  ACCIÓN SOCIAL
 
  Máis Social. Programa de fortalecemento e profesionalización das entidades sociais
Terceira convocatoria deste programa conxunto da Fundación Barrié e a Fundación de PwC dirixido ao fortalecemento e a profesionalización da xestión das entidades sociais galegas.
Prazo aberto ata o 10 de novembro
   
  Rede Paraugas Alzheimer
Betanzos, Noia, Silleda, Salvaterra do Miño, Vilalba, O Carballiño
Outubro-decembro 2014. Información e inscrición: fagal@fagal.com
Unidades de Memoria: obradoiros de atención e estimulación de prevención da deterioración cognitiva, programados pola Fundación Barrié e FAGAL (Federación de Asociacións de Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) dirixidos a persoas diagnosticadas con demencia inicial, co obxectivo de axudalas a manterse activas, para evitar o seu illamento e mingua da súa calidade de vida.
 
 
   
  EDUCACIÓN
 
  Becas High School
Sexta edición do programa internacional de Bolsas High School da Fundación Barrié e a Fundación Amancio Ortega, para a realización de estudos de 1º de Bacharelato en EUA durante o curso 2015-2016. Inscricións: do 3 de outubro ao 17 de novembro.
   
  Compete x Galicia
Formación en competencias profesionais en colaboración coas universidades galegas, para mellorar as competencias transversais e profesionais de graduados e graduandos. Inclúe acompañamento e seguimento, e estanzas de observación en empresas galegas.
CONFERENCIA O manexo das emocións na aprendizaxe.
9 de outubro. 11.00 horas. Facultade de Psicoloxía. Santiago.
David Caruso, profesor e experto en intelixencia emocional, autor de "The Emotionally Intelligent Manager"
CONFERENCIA. A arte de presentar. 30 e 31 de outubro.
Gonzalo Álvarez de Marañón, científico, escritor e experto en comunicación.
    Vigo. Sede Fundación / 30 de outubro. 12.00h
    Santiago. Facultade CC. Económicas / 30 de outubro. 17.30h
    A Coruña. Sede Fundación / 31 de outubro. 12.00h
   
  Programa GRADschool
Santiago de Compostela, do 14 ao 17 de outubro.
Formación práctica e experimental, deseñada para que investigadores galegos desenvolvan as competencias adquiridas como estudantes de doutorado.
   
  Seminarios Science Xpression
A Coruña e Santiago de Compostela
29 e 30 de setembro; 1, 2 e 3 de outubro.
Seminarios sobre comunicación oral e escrita no ámbito científico e investigador, dirixidos a licenciados, doutorandos e postdoutorais.
Previa inscrición.
 
 
 
PATRIMONIO E CULTURA / EXPOSICIÓNS TEMPORAIS
 
 
Out to Sea? O proxecto do lixo de plástico
Sede Vigo. Do 13 de novembro de 2014 ao 1 de marzo de 2015
A Fundación presenta, por primeira vez en España este proxecto educativo de conservación ambiental, en colaboración co Museo do Deseño de Zúrich, co fin de concienciar á sociedade, especialmente aos máis novos, na urxencia e necesidade de non ensuciar os nosos mares con lixos plásticos. Silenciosa e paulatinamente fóronse acumulando nos océanos inxentes cantidades de lixo plástico que provocan cambios irreversibles tanto no ecosistema mariño mundial como na cadena alimenticia.
   
 
Didáctica exposiciones temporales
Visitas guiadas - Obradoiros para familias - Obradoiros para escolares. Actividades gratuítas.
Reservas: 986 110 220 (Vigo)
Dossieres didácticos en fundacionbarrie.org y en educabarrie.org
   
  Rafael Moneo. Unha reflexión teórica dende a profesión. Materiais de arquivo (1961-2013)
Garagem Sul. Centro Cultural de Belém (Lisboa)
Do 16 de setembro ao 23 de novembro de 2014
Primeira itinerancia internacional desta produción propia da Fundación Barrié, organizada en colaboración co estudo de Rafael Moneo. Organizada en cinco seccións biográficas, amósanse 46 proxectos a través de 17 maquetas, 143 fotografías e 98 debuxos orixinais. A selección de materiais pon tamén unha especial énfase na importancia do debuxo como ferramenta fundamental da cal o arquitecto valeuse para desenvolver o seu traballo, e como medio para definir o seu pensamento.
   
 
Espertamos ás artes / EDUCABARRIÉ
Sede Vigo. Do 6 ao 9 de novembro de 2014
Espectáculos didácticos para iniciar aos bebés e cativos ata 4 anos no mundo do teatro e a música, e potenciar a súa sensibilidade e intelixencia emocional. Sesións para colexios e obradoiros para profesores de Infantil
(6 e 7 de novembro); e para nenos e pais (8 e 9 de novembro).
Sesións familiares: 11.00, 12.30 e 18.00 horas. Nenos de 0 a 4 anos
Entrada libre / aforo limitado a 50 nenos acompañados por un adulto.
As invitacións entregaránse 45 minutos antes do inicio do espectáculo.
Nidos. Compañía Teloncillo Teatro / 8 de novembro
Afuera es un lugar. Compañía Arena en los bolsillos / 9 de novembro
   
 
 
  CICLOS DE CONFERENCIAS
     
  100 anos da guerra que cambiou a sociedade
20.00h. Entrada gratuíta ata completar aforo
Ciclo de conferencias e proxeccións, organizado en colaboración coa USC, con motivo da conmemoración en 2014 do centenario do inicio da Primeira Guerra Mundial. Especialistas internacionais aportarán a súa mirada sobre a primeira gran conflagración que sacudiu a Europa do século XX dende as súas respectivas áreas de coñecemento: historia, cine, socioloxía e literatura.
    Santiago. Paraninfo da USC.
  • 8 de outubro
    Joanna Bourke, profesor de Historia Birkbeck College, University of London.
    O rostro do descoñecido: a violencia e a Primeira Guerra Mundial
  • 15 de outubro Fréderick Rousseau, profesor de Historia Contemporánea, Université Paul-Valéry Montpellier III.
    É suficiente con ser patriota para ir á guerra? Repensar as mobilizacións de 1914 dende as ciencias sociais
    A Coruña. Sede Fundación
  • 26 de novembro Ángel Luis Hueso Montón, catedrático de Historia da Arte (Historia do Cine), USC
    O Cine, testemuña e intérprete da Gran Guerra
  • 12 de decembro Eduardo González Calleja, profesor titular de Historia Contemporánea, Universidade Carlos III de Madrid.
    Niños de espías: a guerra encuberta das potencias belixerantes en España
PROXECCIÓNS
Como complemento ás conferencias a Fundación proxectará no seu auditorio de A Coruña tres producións documentais da BBC (V.O. subtituladas en castelán).
    25 novembro e 10 de decembro
    11.30h Actividade para alumnos de ESO e Bacharelato
  • Eu estaba aí: Entrevistas sobre a Gran Guerra (50 min)
  • Tempo de recordar: Un mundo de muller (30 min)
    19.00h Aberta ao público xeral.
  • O penoso da guerra (50 min)
  • Tempo de recordar: Un mundo de muller (30 min)
 
  Taller Romano, Antínoo (131-132)
© Museo Nacional do Prado
A historia da beleza. De Fidias a Picasso
20.00h. Entrada gratuíta ata completar aforo
Ciclo anual en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado que aborda nesta edición un percorrido pola historia da Beleza, analizándoa a través de artistas e obras caracteristicamente exemplares dende a Grecia Clásica ata o comezo da nosa era contemporánea.
    Sede A Coruña
  • 6 novembro Francisco Calvo Serraller, catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
    Existe a arte sen beleza?
  • 13 novembro Víctor Nieto Alcaide, catedrático de Historia da Arte, UNED
    De Giotto a Masaccio: recreación e reconstrución dun modelo
  • 20 novembro Luis Fernández Galiano, catedrático de Proxectos, Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.
    O clasicismo das vangardas arquitectónicas
    Sede Vigo
  • 4 dicembro Miguel Ángel Elvira, catedrático de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
    A beleza e a fealdade na Grecia Clásica
  • 11 decembro Agustín Sánchez Vidal, catedrático emérito de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
    Perspectivas excéntricas: anamorfosis, aberracións e imaxes ambiguas
  • 18 decembro Antonio Manuel González Rodríguez, profesor titular de Historia da Arte, Universidade Complutense de Madrid
    Fra Luca Pacciolli e a sección áurea
 
 
 
  INVESTIGACIÓN
   
  Programa de adestramento en transferencia de tecnoloxía 2014
Programa desenvolvido por AUTM (Association of University Technology Managers)
Sede A Coruña
20 outubro. Evaluación de tecnoloxías
21 outubro. Marketing e Comercialización
Inscricións, ata o 15 de outubro. www.fundacionbarrie.org
   
 
   
  EDUCABARRIÉ / PROFESORADO
   
    ADN e Biotecnoloxía
Sede A Coruña, 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de outubro 2014
O curso pretende afondar no coñecemento do ADN, a súa manipulación e aplicacións. Dirixido a profesores de Bioloxía de 2º ciclo de ESO e Bacharelato.
 
         
    Vou, vou, vou á Tenda de Antón
Sede A Coruña, 16 de outubro de 2014
Xornada de formación para profesores e educadores de educación infantil sobre actividades para a realización da visita á Tenda de Antón do Proxecto Mercados en A Coruña.
 
   
 
   
  DIVULGACIÓN DA CIENCIA / EDUCABARRIÉ
 
    OBRADOIROS CIENTÍFICOS [Sede A Coruña e Vigo]
   
  Quero ser... ¡Astronauta!
Obradoiro científico centrado na astronáutica, a astronomía e os fenómenos físicos
   
    ESPECTÁCULOS CIENTÍFICOS [Sede A Coruña e Vigo]
   
  Achegándonos á Física
Espectáculo centrado na Física, dirixido a alumnos de ESO e Bacharelato.
   
       
Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en
www.fundacionbarrie.org
       
Se non desexa recibir máis comunicacións pode darse de baixa aquí