Castellano Galego English
RSS Twitter Facebook Youtube Linkedin

Fundación Barrié

BOLETÍN ELECTRÓNICO
ABRIL-MAIO 2015
image

ACCIÓN SOCIAL

image

Xornada "Educar hoxe en contextos diferenciados"
Sede A Coruña. 21 de maio. Inscrición previa.

Xornada en colaboración coa Asociación Arela, que se enmarca no programa educativo Ktorce-18. Está dirixida a docentes e profesionais da comunidade educativa e da intervención social, e ten como obxectivo principal crear un espazo de formación e reflexión sobre a visión da educación a día de hoxe dende diferentes contextos (familia, comunidade educativa e profesionais da intervención).
Inscríbete

11:30 h. José Antonio Marina Torres, filósofo, escritor e pedagogo, pronunciará a conferencia "Talento: intelixencia en acción" que estará aberta ao público en xeral.

image

Programa de Atención a Menores e Educación familiar
Bolsas para acceso a recursos especializados e actividades extraescolares, compra de libros e de material escolar, así como actividades de apoio escolar para fillos de familias en situación de emerxencia ou vulnerabilidade social, son algunhas das accións de intervención que engloba este Programa impulsado pola Fundación Barrié e Cáritas. Este programa desenvolverase a nivel autonómico ata decembro de 2015. Solicitudes nas Cáritas Galegas.
Máis información

image

DI-K-NON.
Talleres para a prevención do consumo de drogas en adolescentes
Apertura do prazo de solicitude para os centros educativos das provincias da Coruña e Lugo. Dende o 4 ao 29 de maio.

Di-K-Non é unha experiencia educativa para previr o consumo de drogas en adolescentes, na que os internos da Unidade Terapéutica do Centro Penitenciario de Teixeiro trasladan a súa problemática experiencia a través de talleres dirixidos a alumnos de educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

O número de talleres ofertados para 2015-2016 será de 10. A selección dos 10 centros será por sorteo entre todas as solicitudes recibidas. Inscríbete

image

Red Paraugas Alzheimer
A Fonsagrada, Ribadeo, Meira, Becerreá, A Cañiza e Ortigueira. Abril-Maio 2015. Charlas gratuítas e abertas ao público.

Charlas informativas programadas pola Fundación Barrié e FAGAL(Federación de Asociacións de Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) e dirixidas a familias de persoas diagnosticadas con Alzheimer ou outra demencia, nas que cun enfoque informativo se tratará diferentes aspectos relacionados coa enfermidade de Alzheimer: que causa a demencia, o envellecemento normal, síntomas iniciais, frecuentes e característicos da enfermidade de Alzheimer, evolución da enfermidade, o Alzheimer en Galicia.
Máis información

EXPOSICIÓNS

image

A COLECCIÓN.
Colección de Pintura Contemporánea Internacional
CentroCentro Cibeles de Cultura y Ciudadanía, Madrid.
Ata o 10 de maio.

A Fundación Barrié presenta en Madrid a súa colección de pintura contemporánea internacional, cunha selección de 31 obras que se achegan á pintura tamén dende a fotografía, a instalación ou a escultura, xogando coa expansión e a reencarnación da pintura noutros medios. A colección trata de responder á pregunta De que falamos cando falamos de pintura hoxe?, e aspira a ser unha ferramenta didáctica que articule ao seu arredor actividades enfocadas ao coñecemento, entendemento, debate e percepción da creación contemporánea internacional dos últimos 30 anos.

Máis información

CONFERENCIAS

image

Mentres sucede. Derivas do presente: Arte e Cultura no novo século (I)
Ciclo de conferencias organizado en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), que pretende ofrecer un retrato da complexidade da arte actual dende a voz de protagonistas e axentes de diferentes ámbitos, dende a teoría da arte, a arquitectura ou a experiencia artística, para xerar unha sorte de mapa de teorías, experiencias, lugares e críticas.

20.00 h Entrada gratuíta ata completar aforo.

Sede A Coruña
6 maio: A situación das Artes, por Francisco Jarauta. Catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia.
20 maio: Transurbanismos de andar pola casa, por Andrés Jaque. Arquitecto.

Sede CGAC
5 maio: A situación das Artes, por Francisco Jarauta. Catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia.

PATRIMONIO

image

Espazo Divulgativo do Pórtico da Gloria
Sala de Armas, Pazo de Xelmírez, Santiago de Compostela.

Espazo Divulgativo permanente sobre o Pórtico da Gloria que promove a educación e a concienciación sobre a importancia de preservar o Patrimonio e acolle unha mostra interactiva sobre a historia, a iconografía e a restauración actual da grande obra do mestre Mateo.
Máis información

INVESTIGACIÓN

image

TTS Europe 2015 & ENTENTE Health Final Conference
PRBB Barcelona Biomedical Research Park. Barcelona. 28 e 29 de abril.

A Fundación é unha das entidades promotoras do 9º Encontro da rede internacional TTS Global Initiative para axentes dos sectores de ciencias da vida, saúde e biotecnoloxía, con participación de profesionais galegos.
Máis información

image

FORMACIÓN PARA PROFESORADO

image

III Xornadas Internacionais sobre Patrimonio: O Patrimonio inmaterial na escola
Sede A Coruña, 17 e 18 de abril.
Inscríbete

image

III Xornadas de Experiencias en Educación Infantil (0-6 anos):
Infancia, asombro y educación
Sede A Coruña, 16 de maio.

En colaboración coa Asociación Mundial de Educadores Infantís AMEI –WAECE.
Inscríbete

ESPECTÁCULOS DIDÁCTICOS

image

Espertamos ás Artes 2015
Sede Vigo. Do 14 ao 17 de maio.

Espectáculos didácticos para iniciar os bebés e nenos ata 4 anos no mundo do teatro e a música, e potenciar a súa sensibilidade e intelixencia emocional. Sesións para colexios e talleres para profesores de Infantil.

Espectáculo PEZES, da compañía Ultramarinos de Lucas

14 de maio: 2 sesións escolares ás 10.30 h e 12.00 h
15 de maio: 2 sesións escolares ás 10.30 h e 12.00 h
16 de maio: 3 sesións públicas ás 11.00 h, 12.30 h e 18.00 h
Duración: 35 min.

Talleres:
14 de maio, de 18:30 h a 20:00 h
15 de maio, de 18:30 h a 20:00 h

Espectáculo En negro e branco. Unha líña amarela, da compañía Teatro do Biombo (Lisboa)
17 de maio: 3 sesións públicas ás 11:00 h, 12:30 h e 18:00 h
Duración: 35 min.

FOMENTO DAS VOCACIÓNS CIENTÍFICO-TECNOLÓXICAS

image

A maxia da robótica
Talleres de robótica para escolares de Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos.

Sede Vigo, do 19 ao 22 maio.
Máis información

 
image

LabBarrié, o laboratorio de experimentación dos científicos do futuro
Experimentos científicos para realizar na aula, en familia ou por ti mesmo.
Máis información

image

Espectáculos científicos
Actividades didácticas de ciencia para alumnos de ESO e Bacharelato.
Inscríbete

O futuro é hoxe
Sede Vigo, 17 de abril. Sede A Coruña, 24 de abril.



Arpexos de ciencia
Sede Vigo, 8 de maio. Sede A Coruña, 22 de maio.

Policarpo Sanz, 31 / 36202 Vigo +34 986 110 220

Cantón Grande, 9 / 15003 A Coruña +34 981 221 525

Se desexa recibir información actualizada das actividades da Fundación Barrié pode solicitalo en www.fundacionbarrie.org
Se non quere recibir máis comunicacións pode darse de baixa aquí
Fundación Barrié Twitter