CompeteXGalicia

Inicio / Educación / Formación do talento universitario / CompeteXGalicia

CompeteXGalicia

Adestramento en competencias transversais

CompeteXGalicia é un programa de competencias profesionais técnicas e transversais, unha acción impulsada en colaboración coas universidades galegas para mellorar as competencias transversais e profesionais dos nosos graduados e graduandos. Entre 2012 e 2014 celebráronse tres edicións do programa.
O programa supón un reforzo á formación que ofrecen as universidades galegas xa que garante que os estudantes e licenciados adquiran coñecementos, habilidades e comportamentos que garantan a súa efectividade no ámbito laboral.
 
A Fundación Barrié apoia o desenvolvemento do talento cun programa que ofrece aos participantes:
 
  • Formación práctica nas competencias máis demandadas na contorna laboral.
  • A posibilidade de coñecer de preto a realidade dunha organización  mediante unha estancia que permitirá observar o funcionamento interno de cada organización.
  • Un proceso de mentoring individual cun mentor profesional da rede de mentoring MentoresBarrie.