Engánchate ao voluntariado

Engánchate ao voluntariado - Talleres para a prevención de condutas delituosas

Pechado o prazo de preinscripción

A Fundación Barrié organiza, en colaboración co Centro Penitenciario de Pereiro e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), Engánchate ao Voluntariado, co obxectivo de fomentar o voluntariado xuvenil como unha alternativa de lecer que favorece o desenvolvemento e as relación sociais ao mozos e mozas desde unha visión positiva e comprometida coa súa comunidade, previndo conductas delituosas.

Engánchate ao Voluntariado está dirixido a alumnado de Ensino Secundario de centros educativos de públicos, privados e concertados de Ourense.

Internos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar que recibirán previamente formación na temática de voluntariado e os seus beneficios, en factores de risco e protreción fronte ao delito, serán os encargados de impartir un taller formativo en cada un dos centros educativos, así como de promover o desenvolvemento dun proxecto de acción voluntaria relacionada coa temática tratada nos mesmos.

Debido ás especiais características desta actividade, os talleres ofrécense a un número limitado de 3 centros educativos e aqueles que estean interesados en participar deberán realizar unha preinscripción. No caso de que o número de solicitudes supere o de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio do Centro Penal.

  • Datas de celebración dos talleres: de outubro 2023 a xuño de 2024
  • Actividade gratuita.
  • Preinscrición: a través de formulario
  • Participación: 3 centros educativos (grupos escolares de máximo 50 alumnos por centro)
  • Duración da charla: hora e media
  • Prazo de solicitude de talleres 2023-2024: pechado

CONTIDOS RELACIONADOS