Inicio / Patrimonio e Cultura / Exposicións / Sorolla. Tierra adentro / Conferencia Carmen Pena

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Sorolla, paisaxista 'Tierra adentro' "

Museo Sorolla

Mércores 15 de Febreiro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Carmen Pena
Comisaria da exposición Sorolla. Tierra adentro
Título: Sorolla, paisaxista "tierra adentro"

Resumo: As paisaxes de Sorolla. Tierra adentro representan a vertente da súa pintura máis claramente identificada coa cultura paisaxística do último realismo europeo e internacional, en combinación co moderno pensamento estético español do rexeneracionismo, situado entre o espírito dos rexionalismos e o do nacionalismo liberal, promovido este último, inicialmente, pola Institución Libre de Enseñanza, e que habería de alcanzar a súa maior popularidade coa literatura da Xeración do 98. Nese contexto cultural e político pintou Sorolla as paisaxes agrarias mitificadas polo rexionalismo valenciano republicano no cal militou, sublimados pola literatura do seu grande amigo Blasco Ibáñez. Coa súa visión de Castela participou da simbólica rexeneracionista: a dos fondos velazqueños do Guadarrama, a dos campos abatidos da Meseta, así como a das súas cidades monumentais históricas. A súa interpretación de Andalucía -a España branca- rompeu co romanticismo anecdótico nos escenarios deshabitados da Alhambra ou Serra Nevada, así como nas paisaxes da España verde .

Carmen Pena López: nada en Salamanca, é licenciada en Filosofía e Letras e doutora pola Universidade Complutense de Madrid, completa os seus estudos na Université Sorbonne I. Desde 1971 exerce de maneira ininterrompida o seu labor docente e investigador, sendo catedrática de Teoría e Historia da Arte Contemporánea na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense ata 2008. Especialista en paisaxe e paisaxismo, as súas publicacións sobre o tema paisaxe, identidade e diferenza, son numerosas, tanto no período finisecular decimonónico como nas vangardas españolas. Crítica de Arte na revista Mirador da Complutense, así como no semanario e o diario El Independiente de Madrid, entre as súas publicacións salientan Pintura de paisaje e ideología: la generación del 98 (1983); A arte (1992) e Arte de fin de siglo (con Carballo-Calero Ramos, M.V. e Marchán Fiz, S.) (1998). É a comisaria da exposición Sorolla. Tierra adentro.





ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  SOROLLA  ,  IMPRESIONISMO  ,  PINTURA  ,  MUSEO

PRÓXIMOS EVENTOS