Di K Non
Di K Non - Talleres para a prevención do consumo de drogas (A Coruña e Lugo)
Preinscricion 2026-2027: desde o 4 de setembro
A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña), os talleres Di K Non para a prevención do consumo de drogas en adolescentes.
Di K Non está dirixido ao alumnado de 2º, 3º e 4º de Ensino Secundario, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos, privados e concertados das provincias de Lugo e A Coruña.
A actividade, baseada no intercambio de experiencias con internos da Unidade Terapéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro, desenvolverase en dúas sesións:
- A primeira sesión realízase no propio centro educativo e nela participan membros do equipo de profesionais da UTE Teixeiro (Unidade Terapéutica e Educativa) acompañados por un grupo de 6 ou 7 internos da mesma Unidade. Realizada a introdución ao taller por un dos profesionais da UTE, os internos representan a obra teatral "O soño de vivir" (15 minutos) centrada na problemática das adiccións tras a que compartirán os seus testemuños de vida xerando un espazo de diálogo co alumnado no que expoñerán as consecuencias dos seus consumos co obxectivo de que identifiquen situacións de risco.
- A segunda sesión ten lugar no C.P de Teixeiro, permitindo ao alumnado adentrarse na realidade das persoas privadas de liberdade. Para esta segunda sesión establécese un número máximo de 35 prazas por centro educativo (incluíndo alumnos e profesores), por motivos de capacidade.
Máis de 12.600 estudantes e 925 profesores participaron en Di K Non desde a súa posta en marcha no ano 2011. Unha experiencia única de sensibilización e concienciación sobre os riscos e as consecuencias do consumo de drogas.
Datas de celebración: desde outubro 2026 ata xuño 2027.
Actividade de gratuíta: prazas limitadas.
Preinscrición: a través do formulario
Participación: grupos escolares, solicitados polo centro educativo.
Prazo de preinscrición dos talleres 2026-2027: desde o 4 de setembro
Comunicación aos centros seleccionados: a través de correo electrónico
GALERÍA DE IMAXES
-
Programa DI K NON_1_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_2_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_3_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_4_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_5_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_6_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_7_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_8_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_9_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_10_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_11_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-
Programa DI K NON_13_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
-

Programa DI K NON_14_Foto Rocío Cibes
©Fundación Barrié
CONTIDOS RELACIONADOS

Pechar