Educación

Inicio / Educación

O piar fundamental para o progreso da sociedade

A Educación foi desde os inicios da Fundación Barrié o eixe fundamental de toda a súa actividade. As carencias neste terreo foron identificadas xa por Pedro Barrié como un factor fundamental no atraso económico. Por iso, ao ritmo ademais dunha maior sofisticación da propia sociedade as actuacións iniciais centráronse ao comezo no aspecto máis material: na creación de infraestruturas educativas sobre todo en campos que se consideraron estratéxicos para o desenvolvemento como no seu momento as enxeñerías e as arquitecturas.

LIÑAS ESTRATÉXICAS

PRINCIPAIS INDICADORES

  • 2.546

    Alumnado e profesorado de toda Galicia participan en PITEAS, programa de formación e méntoring para o desenvolvemento do talento baseado na filosofía SEM.

  • 15.352

    Bolsas de estudos concedidas desde 1968. 10 en 2017

  • 214.931

    Alumnos participaron en actividades educativas dende 1968 / 8.185 en 2017

  • 988

    Bolseiros compoñen a Asociación de Bolseiros Fundación Barrié.

CONTIDOS RELACIONADOS