Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado / Conferencia: "Giuseppe Arcimboldo. Metamorfose da natureza"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "Giuseppe Arcimboldo. Metamorfose da natureza"

ARCIMBOLDO, GIUSEPPE 1527-1593. Water allegory, 1566. Vienna, Kunsthistorisches Museum

2017. Photo Austrian Archives/Scala Florence

Xoves 09 de Novembro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Thomas DaCosta Kaufmann
Profesor Frederick Marquand de Arte e Arqueoloxía, Princeton University, Nova Jersey
Título: Giuseppe Arcimboldo. Metamorfose da natureza

Ciclo de conferencias 2017-2018: A era dos xenios. De Miguel Ángel a Arcimboldo, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

As obras polas que Giuseppe Arcimboldo é coñecido no mundo son as cabezas formadas por froitas, flores, animais, paxaros e obxectos que compoñen o suxeito que representan, algúns dos cales, se se lles dá a volta, son bodegóns. As pinturas de Arcimboldo consideráronse adoito precursoras do surrealismo e exemplos de manierismo. En recentes debates xurdiu a pregunta sobre como deben ser lidos estes paradoxos visuais e onde comezou Arcimboldo a executar tan sorprendentes invencións. Nesta conferencia consideraranse estas intrigantes pinturas como metamorfose da natureza. A presenza nelas de elementos naturais e simbólicos atraeu particularmente os Habsburgo, polo que puido terse orixinado na corte imperial. Os seus aparentes paradoxos non deben ser entendidos como unha sorte de mise en abyme senón como parte dunha forte corrente existente no século XVI de “bromas ilustradas” (p. ex. Sebastian Brant, Rabelais) representada de forma especial pola tradición de Erasmo, que tiña gran forza entre os círculos de Arcimboldo na corte dos Habsburgo.
 
*Conferencia con tradución simultánea.





PRÓXIMOS EVENTOS