Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado / Conferencia: "O fantástico na cultura grecorromana"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "O fantástico na cultura grecorromana"

Jacobo Ligozzi. Unha quimeira

Museo Nacional del Prado

Xoves 08 de Novembro de 2018

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Luis Alberto de Cuenca

Profesor de Investigación, Consejo Superior de Investigaciones Científicas  
Título: O fantástico na cultura grecorromana
 
Ciclo de conferencias: A arte fantástica 2018-2019 organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

Para calibrarmos a achega da cultura grecorromana ao universo do fantástico, resulta imperativo en primeiro lugar decidir que é o fantastique, termo acuñado por Todorov para designar un tipo de literatura que naceu cando se perderon os referentes mítico-relixiosos na sociedade occidental, ou sexa, no século XVIII. Non se pode falar, pois, estritamente de literatura fantástica ata despois da revolución industrial. Logo de referirse a esas letras fantásticas stricto sensu, citando os seus autores e obras máis notables, o conferenciante abordará algúns textos moi concretos que poderían servir de antecedentes á literatura fantástica propiamente dita no mundo clásico. Desde Homero ata Flegón de Trales, os antigos tamén se interesaron nese lugar intermedio entre o posible e o imposible representado polo fantástico, un lugar por onde transitaron con certa frecuencia os autores grecolatinos, malia que a súa cultura supuxo un adianto de moitos séculos á hora de optar polo logos no canto do mythos, como ocorrería máis tarde na Europa enciclopedista do Século das Luces. Así a todo, a lección que recibimos de calquera prospección que poidamos levar a cabo sobre o fantastique é que o mito vive agochado nas sociedades máis racionalistas e que é difícil, se non imposible, erradicar o misterio da órbita humana.






PRÓXIMOS EVENTOS