Inicio / Patrimonio e Cultura / Conferencias / Fundación Amigos do Museo do Prado / Conferencia: "Maxias, fantasmagorías, soños e pesadelos cinematográficos"

Axenda


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia: "Maxias, fantasmagorías, soños e pesadelos cinematográficos"

A lanterna máxica de Paul Sandby, c. século XVIII. Londres, British Museum. Persoas nun cuarto escuro, vendo escenas de sátira política proxectadas sobre a parede. Gouache e acuarela con pluma e contornos grises de tinta. Altura: 372 mm Inv. N.: 18621011.89

2018.The Trustees of the British Museum c/o Scala, Florence

Xoves 29 de Novembro de 2018

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Agustín Sánchez-Vidal

Catedrático emérito de Historia da Arte, Universidade de Zaragoza
Título: Maxias, fantasmagorías, soños e pesadelos cinematográficos
 
Ciclo de conferencias: A arte fantástica 2018-2019 organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.

Desde as súas orixes o cine interesouse pola mesma temática do fantástico que viñan frecuentando os mitos e lendas, a literatura, as artes plásticas ou outras creacións. Georges Méliès, sen irmos máis aló, era ilusionista, un mago profesional. E devanditas incursións continuaron a través dos filmes de tendencias como o expresionismo alemán e o surrealismo, ou de xéneros como o musical, a animación, o terror e a ciencia-ficción. 
Pero as calidades do fantástico non deben restrinxirse aos contidos que este medio de expresión comparte con outros. De procedermos así correriamos o risco de acornellar o especificamente fílmico. Por iso, e en paralelo, utilizarase como fío condutor a xenealoxía dos aparellos e técnicas a través dos cales opera o máis íntimo do cinema, desde as variantes da lanterna máxica coñecidas como Fastasmagorías ata as actuais imaxes xeradas por ordenador.






PRÓXIMOS EVENTOS