Feira de Proxectos - STANDS
Os once centros educativos participan na Feira de Proxectos da Cidade da Cultura exhibindo os resultados dos seus proxectos en diferentes formatos a todos os membros da comunidade educativa. Con isto preténdese dar visibilidade aos traballos realizados e dar aos rapaces a oportunidade de converterse non só nos protagonistas, senón tamén, nos auténticos expertos, expoñendo eles mesmos os produtos dos seus proxectos. Deste xeito, ao levar fóra das aulas o traballado, culmina o modelo SEM na súa fase III.
Asemade, no mesmo evento, terá lugar unha mostra das boas prácticas realizadas nos centros que están a participar do proxecto Piteas á que poderá asistir alumnado e profesorado de todos os niveis educativos de Galicia. Creamos así unha rede de colaboración entre centros que permite estender entre o profesorado galego unha dinámica de cooperación ao compartir novas metodoloxías e experiencias levadas a cabo nas aulas grazas a Piteas.

CPR La Inmaculada (Santiago de Compostela)
2018
Ademais deste proxecto, no stand do colexio amosaranse cada media hora algúns dos outros proxectos realizados no centro, que xa dende o curso pasado cambiou a súa metodoloxía dende a etapa de Infantil aos maiores do colexio e integrou o SEM no seu día a día. Un dos proxectos vai sobre xeoloxía e volcáns, e os alumnos farán experimentos de ciencia poñendo en práctica o aprendido este curso. Os outros proxectos que se van amosar xiran en torno aos dinosauros, á auga, á literatura e á lingua de signos. Dous destes proxectos serán expostos por alumnado de 3 e 4 anos, dando protagonismo aos máis pequenos.
anterior
siguiente

Stand 2: IES Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo)
2018
Os obxectivos, como xa mencionamos, son a posta en valor do noso patrimonio e o acercamento dos nosos alumnos aos seus maiores.
Tras a realización das enquisas de interese, detectamos boa disposición por parte dos alumnos, polo que deseñamos actividades de motivación: o legado de Leónidas, unha mesa redonda cun ferreiro da comarca (último galardoado co Butelo de Ouro) e unha das xestoras do Museo e membro do padroado do Museo da Fonsagrada.
O alumnado participante, 1º e 2º da ESO e como invitados, 1º de BAC, que deseñaron unha actividade de motivación no Museo (Escape Room), realizaron diferentes proxectos con temática variada nas distintas materias: pirámides de poboación, climogramas, xogos con scratch, recreación de fotos antigas (principalmente de Walter Ebeling e Ruth Mathilda Anderson), así como a descrición doutras fotos que achegaron as familias, e que formarán parte da exposición temporal que se poderá visitar no noso centro e na que tamén se expoñerán obxectos antigos cedidos polas familias.
Houbo tamén unha recollida de cantigas e entrevistas que se empregarán na Feira nun proxecto sorpresa.
anterior
siguiente

Stand 3: CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis, Pontevedra)
2018
En Infantil, traballaron no proxecto de investigación Cuntis, terra de augas sobre a importancia da auga na cultura popular de Cuntis (póster).
Alumnos de 1º de Educación Primaria investigaron diferentes aspectos sobre o millo que culminaron coa elaboración dun xogo de taboleiro e coa presentación do libro que eles mesmos escribiron. Ámbolos dous estarán expostos no stand para xogar e ler.
En 2º de Primaria investigaron sobre a importancia dunha alimentación saudable a través do proxecto Dis - Fruta.
En 3º e 4º analizaron novas da prensa e da televisión para crear unha campaña de concienciación contra os lumes (póster).
Co gallo da conmemoración do 75º aniversario da publicación de O Principiño, os alumnos de 5º traballaron sobre esta obra para dala a coñecer ao resto do alumnado, e que tamén agora vos amosarán a vós.
Os alumnos de 1º e 2º da ESO investigaron e traballaron aspectos culturais, sociolóxicos, lingüísticos... que resultaron na creación da súa propia canle de televisión e que dá cabida a múltiples programas, non só da ESO, senón tamén doutras etapas. No stand da Feira, poderedes aprender o que supón a gravación dun programa de televisión e ata participar nel! Desfrute, entusiasmo e compromiso non faltarán.
anterior
siguiente

Stand 4: CEE de Panxón (Nigrán, Pontevedra)
2018
anterior
siguiente

Stand 5: CEIP Santiago Apóstol (Santiago de Compostela)
2018
O patio que queremos é o proxecto no que participa o 85% do alumnado, o 50% do profesorado e a meirande parte do resto da comunidade educativa.
Partimos dun traballo que se realizara no centro previamente para remodelar o patio e dos intereses do alumnado para a zona de lecer.
Gracias a O patio que queremos alumnado de Infantil e Primaria deseñou o seu patio de recreo. Para iso, traballaron sobre diferentes aspectos matemáticos (cálculo, espazo, orientación, dimensión, custo, medidas, escalas…), lingüísticos (escribir cartas, correos electrónicos, invitacións, pedir presupostos...), e, coa axuda das familias, construíron as maquetas que permitirán aos visitantes da feira de proxectos facerse unha pequena idea de como pode quedar o noso patio unha vez rematado o proxecto .
Tamén redactaron as normas do xogo das damas xigante que pintaremos no patio e encargaranse de repartilas e explicalas a todo o que queira botar unha partida no noso espazo da feira de proxectos.
Pósters: O patio que queremos.
anterior
siguiente

Stand 6: CEIP Condesa de Fenosa (Barco de Valdeorras, Ourense)
2018
anterior
siguiente

Stand 7: CPR Eduardo Pondal (Cangas, Pontevedra)
2018
En 2º da ESO preguntábanse: “Por que falamos o que falamos como o falamos? Que mecanismos físicos, neuronais, sociais, históricos e persoais inflúen nas producións lingüísticas humanas? Cal é o futuro da comunicación?". Intentamos responder todas estas cuestións no proxecto Comunica2. Apaixonante para lingüistas, que terán acceso a unha estrutura que conecta e relaciona as linguas, pero tamén para persoas interesadas na física, que poderán experimentar co son, e ca arqueoloxía, cun xacemento cheo de sorpresas! E para anglófil@s, unha vídeo-creación onde se analiza o pasado, presente e futuro do Inglés.
anterior
siguiente

Stand 8: CEIP Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar, Ourense)
2018
Multiplícate X3
Buscouse traballar, potenciar e desenvolver a intelixencia emocional do alumnado implicado, buscando paralelamente reforzar e consolidar a competencia lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía dado o seu carácter instrumental para condicionar o éxito ou o fracaso no percorrido dos nenos/as pola etapa.
Para conseguir tan ambicioso reto o proxecto de centro presenta tres ramificacións: Sorpréndete preséntase aos nenos/as como unha chea de experiencias que dende a escola esperten a súa curiosidade por aprender, Emociónate ábrenos o camiño a unha exploración consciente das nosas emocións para unha mellor xestión delas e finalmente, con Comunícate preséntase aos nenos/as coma un gabinete de prensa aberto as súas necesidades.
anterior
siguiente

Stand 9: CEIP Carballal (Marín, Pontevedra)
2018
Co noso proxecto, o alumnado de 1º e 2º creamos o museo “HumanizArte” con obras baseadas no corpo humano, tras a visita á exposición “Un baile de máscaras para pintafontes” e a experiencia de traballar o curso anterior a Maruja Mallo e a Picasso e traballando nas áreas de lingua, matemáticas, plástica, CCNN.... Cada un de nós ten unha función propia dos profesionais que traballan nos museos: artistas; guías; monitores de obradoiros artísticos para os visitantes: resgado, collage, cores, etc; deseñadores do cartel, do tríptico, das entradas...
"Arroz con chícharos... de Francia, patacas novas, pementos de Betanzos e máis cebolas... de Holanda"
A partires da celebración das “Semanas de consumo de froita fresca nas escolas” que facemos todos os anos no colexio, os/as alumnos/as de 6º preguntámonos por que consumiamos sempre as mesmas froitas e non variabamos un pouco con outras, e fixemos algúns descubrimentos sobre a pegada ecolóxica.
Tras buscar moita información e realizar moitos cálculos podemos contestar algunhas preguntas: Que é a pegada ecolóxica? Como afecta a nosa forma de comer á Terra? É igual comprar amorodos en decembro que en maio?. Invitámosvos a escoller a vosa cesta da compra e comprobar con nós as consecuencias para o planeta da vosa elección.
Póster: Vinde Ver Video Vindel
anterior
siguiente

Stand 10: IES A Xunqueira II (Pontevedra)
2018
ContaminAcción: Mediante a programación de sensores instalados en robots, saímos pola cidade para investigar a cantidade de partículas contaminantes en diferentes zonas. Proporemos un plan de acción para mellorar a vida urbana!
SonPontevedra: afronta a problemática da contaminación acústica e o seu efecto no corpo humano. As conclusións levaron ao alumnado a argallar diversas accións co fin de concienciar a toda a comunidade educativa a través de concertos solidarios e un plan de acción para substituír ruído por música no propio centro.
ReciclArte. Unha análise exhaustiva dos nosos hábitos levounos a elaborar un completo plan de reciclaxe de centro, con accións informativas e de concienciación á comunidade educativa.
Enerxías renovables. Ademais do informe que analiza o uso das enerxías renovables na cidade, o alumnado elaborou folletos informativos, accións de concienciación e un prototipo de cargador de dispositivos móbiles que funciona con enerxía solar.
D'un pont à l'autre. O alumnado de francés conectouse a través de videoconferencia con estudantes galos para coñecer os seus hábitos. A través dun vídeo creado por eles mesmos, dan a coñecer a cidade de Pontevedra e chegan a compromisos para combater as problemáticas medioambientais.
Obradoiros, Concursos, experimentos, concienciación e solidariedade nun Stand PreApocalíptico.
anterior
siguiente

Stand 11: CPR A Grande Obra de Atocha (A Coruña)
2018
Somos iguais? Somos diferentes?"
anterior
siguiente
2018
CPR La Inmaculada (Santiago de Compostela)
Stand 2: IES Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo)
Stand 3: CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis, Pontevedra)
Stand 4: CEE de Panxón (Nigrán, Pontevedra)
Stand 5: CEIP Santiago Apóstol (Santiago de Compostela)
Stand 6: CEIP Condesa de Fenosa (Barco de Valdeorras, Ourense)
Stand 7: CPR Eduardo Pondal (Cangas, Pontevedra)
Stand 8: CEIP Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar, Ourense)
Stand 9: CEIP Carballal (Marín, Pontevedra)
Stand 10: IES A Xunqueira II (Pontevedra)
Stand 11: CPR A Grande Obra de Atocha (A Coruña)