© Fundación Barrié
Inicio / Patrimonio e Cultura / Conservación e recuperación do Patrimonio / Programa Catedral de Santiago / Quen é Quen no Pórtico da Gloria

Quen é Quen no Pórtico da Gloria

 
  1. Cristo redentor amosando as súas chagas como símbolos do triunfo sobre a dor e a morte.
  2. Anxos portando os instrumentos da Paixón.
  3. Os Evanxelistas escribindo sobre os seus animais simbólicos.
  4. Anxos portando incensarios.
  5. Benaventurados na Gloria.
  6. Los 24 anciáns do Apocalipse afinando os seus instrumentos e portando redomas de perfume. Na clave do arco está o organistrum.
  7. Anxos conducindo as almas dos benaventurados cara á Gloria.
  8. Baixada de Cristo aos infernos para salvar os xustos que morreron antes da súa chegada á Terra.
  9. Xuízo Final con Cristo e San Miguel dividindo os benaventurados dos condenados.
  10. Anxos trompeteiros anunciando o Xuízo Final.
  11. Piar dos Profetas.
  12. Apóstolo Santiago sentado nun trono portando o báculo dos arcebispos composteláns.
  13. Piar dos Apóstolos.
  14. Árbore de Jesé amosando a xenealoxía humana de Cristo ata a Virxe María.
  15. Osos, lobos, grifos e leóns como símbolos do mal.